#Entrevistas #Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Álex Novás, Santaballés: «O pouco tempo que me queda vai ser na Liga»

O CD Santaballés é un dos equipos referencia na Primeira Futgal. Consolidados desde fai unha década na categoría —con dous anos consecutivos na Preferente polo medio—, os chairegos presumen de bo facer por toda a provincia e son unha das entidades a imitar na comarca.

Porén, un proxecto tan só se sostén con líderes, tanto dentro como fóra do campo. Un das cabezas destacadas dun grupo que leva moitos anos unido é Álex Novás (Vilalba, 1992). O mediocentro vilalbés pon cada domingo a súa calidade ao servizo dun cadro que non renuncia a nada nesta temporada 2024/2025.

Futbolinlugo: Cal é o obxectivo do Santaballés este curso?

Álex Novás: A idea é competir na zona nobre da táboa: estar enganchados o máximo tempo posible ao vagón de arriba, aínda que sabemos que é complicado porque hai equipos de moito nivel. Nas últimas temporadas quedamos moi rápido en zona de ninguén e queremos traballar semana a semana para manternos onde estamos agora.



Fil: Contribuirá de novo Novás co seu olfacto goleador?

AN: Si, intentarémolo ata o último día. Estoume atopando ben, estou con todo de cara… Este ano ademais incorporamos xente que están aportando moito e están contribuindo á mellora individual e a un mellor traballo colectivo.

Novás é un dos máximos goleadores do santaballés

Fil: Como defines o xogo do voso Santaballés?



AN: Levamos moitos anos xogando e priorizamos a solidez defensiva. Estar xuntos e transitar rápido cos xogadores que temos en última liña. Solidez e transicións coa xente rápida e vertical.

Fil: E como te defines como xogador?

AN: Costoume adaptarme ao xogo na Liga cando cheguei. Sempre temos esa pretensión de ser sólidos e adapteime pouco a pouco ata agora, que estou moi cómodo. Busco atopar os espacios en 3/4 para recibir en boa posición e facer perigo, e a partir de aí non hai moito máis!

novás
Novás, posando para a VI Guía Futbolinlugo.

Fil: Xa non marchas da Liga.

AN: Agora creo que non. O pouco tempo que me queda vai ser na Liga.

Fil: Como se afronta o choque desta semana diante da SD Chantada?

AN: Sempre teñen un equipazo, e dominan moito o seu campo, que nos custa moito aos equipos que xogamos en herba natural. Sempre sacan rapaces novos de nivel moi alto, pero iremos coa nosa idea e con confianza para sacar un resultado positivo. Imos ter opcións, despois o fútbol xa nos dirá que pasa.

Álex Novás, Santaballés: «O pouco tempo que me queda vai ser na Liga»

Sober e Sarriana B gañan de sete

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *