#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

A Sarriana B protagoniza a sorpresa das semifinais do play off

O Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia desta xornada achéganos a unha Sarriana B que xogará a final do play off polo ascenso á Segunda Futgal tras derrotar ao Sporting Lucense, un dos grandes favoritos. Medirase a un Corgo que venceu na prórroga ao Taboada B.

No grupo norte, o Abadín deixou no camiño a un Cazás que realizou unha gran temporada. Os de David Lorenzo xogarán contra o Matela, que logrou vencer a domicilio ao Rioaveso.

Analizamos tamén a xornada no Torneo Delegación.

PLAY OFF ASCENSO – GRUPO NORTE

O Abadín tira de experencia para eliminar ao Cazás no Catro Ventos (1-1). O encontro comezou do peor xeito para o Cazás. A grave lesión de Álex Muñiz enlazou co gol de Ferre para o Abadín tras aproveitar un balón á espalda da defensa. Os locais quedaron descolocados, pero non lle perderon a cara ao partido e foron quen de levar o peso do partido durante varias fases nunha primeira metade escasa de ocasións. Os locais arriscaron no segundo tempo e lograron empatar o partido por medio de Seo nunha indecisión da zaga. Os xermadinos estiveron preto de igualar a eliminatoria, pero a boa actuación do gardameta Víctor impediuno. Ferre gozou de varias ocasións para sentenciar para o Abadín á contra, aínda que non estivo atinado.



Unha mala primeira metade condea ao Rioaveso fronte ao Matela (1-3). Os locais realizaron un primeiro tempo por debaixo do seu nivel e o Matela soubo penalizalo. Os de Cuchi raiaron a un gran nivel en todas as facetas do xogo. Iván Matías e Ramos puxeron en clara vantaxe aos locais en dous saques desde o curruncho. Os de Asier Lozano non foron quen de inquedar a portería contraria na primeira parte e, malia que tras o descanso saíron moito mellor, foi o Matela o que fixo o terceiro. Hugo Rodríguez aproveitou un rexeite do gardameta para deixar a eliminatoria moi encarrilada. Na última media hora foi o Rioaveso o que levou o peso do partido. Toni recurtou diferencias e os locais gozaron de varias ocasións de gol.

PLAY OFF ASCENSO – GRUPO SUR

Un gol de Saúl no desconto dalle á Sarriana B o pase á final e deixa fóra ao Sporting Lucense (0-1). Choque de estilos contrapostos. O Sporting Lucense optou por un fútbol directo que lle deu o dominio do primeiro tempo fronte a unha Sarriana B que preferiu un xogo máis combinativo. Os locais buscaron o gol en multitude balóns á área que a zaga visitante despexou de xeito constante. Na segunda metade os trocos déronlle moita frescura ao filial sarriao que logrou ter máis presencia en campo contrario. O Sporting Lucense contou cunha boa opción de gol nun tiro cruzado, pero o marcador non se movería ata o desconto. Saúl aproveitou un despexe do gardameta para meter aos seus na final.

O Corgo remonta no Municipal fronte a un incisivo Taboada B e pasa á final (4-1). Os de Jacobo Vázquez foron mellores no primeiro tempo e puxeron en serios apretos aos locais. Pita avisou nun man a man e xa non perdoou cun centro chut que se colou por enriba do gardameta. O Taboada B controlou o xogo e impediu que a posesión do Corgo fora infructuosa. Na segunda metade os trocos resultaron decisivos para un e outro conxunto. Mentras que os visitantes se viron obrigados a mover o banquiño logo de varias lesións, os locais realizaron varios trocos que ao pouco se amosaron claves. Todos os goles dos de Abel Rochela chegaron por medio de futbolistas que saíron desde o banquiño. Lois empatou o partido logo de que Kevin peinara o balón e moi preto do final Brais fixo o segundo e igualou a eliminatoria nunha xogada moi protestada polos visitantes. O encontro foi á prórroga e o cansanzo apoderouse do Taboada B que pelexou por manter a eliminatoria parella. O esforzo resultou infructuoso. Braís á contra marcou o terceiro e Jordi sentenciou co cuarto.



TORNEO DELEGACIÓN

GRUPO 1. Friol B 3 – Goiriz 4. O filial foi moi superior no primeiro tempo fronte a un Goiriz ao que lle custou atopar o seu xogo. Marcos e Rober marcaron no primeiro tempo para os de Bruno Castro. No segundo tempo os visitantes melloraron e lograron remontar o partido diante dun Friol B que amosou un bo nivel.

GRUPO 2. Castroverde 2 – Comercial 2. Encontro moi entretido para o espectador e cheo de ocasións para ámbolos dous conxuntos. Os visitantes puxéronlle as cousas moi difíciles ao Castroverde e gozaron dun bo número de ocasións para que os tres puntos viaxaran á capital lucense.

GRUPO 3. Bóveda 0 – Relámpago Taboada 2. Primeira vitoria da temporada para un Relámpago Taboada que saiu moi enchufado ao encontro e logrou superar a un Bóveda que errou un penalti co que empataría o choque. Moure e Ezzahir dominaron o medio do campo para os visitantes e Fran, con dous goles, resultou decisivo para os visitantes.

GRUPO 3. Carballedo 2 – Sober 3. Primeira metade de claro dominio visitante na que se adiantou con dous goles e gozou de ocasións para que a diferencia fora superior. Cambiaron as tornas no segundo tempo. Os de Adrián Pateiro lograron igualar o encontro, pero nunha indecisión da zaga e o gardameta o Sober logrou o gol da vitoria por medio de Isaac, que acadou un doblete.



A Sarriana B protagoniza a sorpresa das semifinais do play off

Tito (Cospeito): «Se todo sigue así, vai

A Sarriana B protagoniza a sorpresa das semifinais do play off

O partido en imaxes: Sporting Lucense –

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *