#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

A Primeira non parará en Semana Santa

Os dezaoito conxuntos da Primeira Galicia xa coñecen a súa folla de ruta para a temporada 2022/2023. A categoría comezará a finde do 11 de setembro. E rematará alá polo 14 de maio. E o máis importante: recuperando o formato tradicional, o de toda a vida.

A primeira xornada deixa duelos ben interesantes coma un Chantada-Outeiro de Rei, un Burela-Pol e mesmo un choque entre recén descendidos: Atlético Escairón-Foz. Tamén un dos moitos derbis que se vivirán durante as trinta e catro xornadas das que consta a competición. O San Ciprián-Xove Lago será o primeiro dos duelos de rivalidade comarcal.

Na segunda xornada, disputarase un dos grandes partidos da provincia despois de varios anos de ausencia: Foz-Burela. O choque da Marosa queda para o 22 de xaneiro. O 25 de setembro, terceira data, recupérase un dos clásicos da Ulloa: Antas-Monterroso. Na segunda volta, xogarán o 29 de xaneiro en Cerdeiriños.

O ano da pandemia deixounos sen o tradicional Outeiro de Rei-Castro. O 16 de outubro teremos o primeiro episodio, quedando o segundo para o 26 de febreiro na xornada 23. E por último, destacamos os enfrontamentos entre os equipos da vila do Asma. A versión inicial será o 8 de xaneiro, data do remate da primeira volta. O derradeiro choque terémolo na última xornada, coa SD Chantada como equipo local e o Atlético como visitante.



Nesa última data, case sempre decisiva, aparecen moitos duelos interesantes. Son os casos do Burela-Outeiro de Rei ou Atlético Escairón-Pol. E dous derbis máis: Riotorto-Xove Lago e San Ciprián-Foz.

A fase regular constará de 34 xornadas nas que se o primeiro clasificado ascenderá directamente. O segundo e o terceiro xogarán un play off de ascenso contra conxuntos do Grupo 1 e 2 da Primeira. A continuación deixamos algunhas claves en relación as datas:

Xogadores e técnicos do Lourenzá no banco
  • Si haberá xornada no festivo do 8 de decembro (festivo da Inmaculada Concepción, coincide en xoves).
  • A liga deteríase o domingo 18 de decembro (día da final do Mundial) e volvería tres semanas despois, na finde do 8 de xaneiro.
  • A primeira volta rematará ese 8 de xaneiro.
  • A competición volvería parar no Entroido (19 de febreiro) pero non se deterá en Semana Santa.

Pódese consultar o calendario ao completo neste documento da Real Federación Galega de Fútbol: Pulsa aquí.



A Primeira non parará en Semana Santa

O primeiro derbi da Preferente chegará na

A Primeira non parará en Semana Santa

Diario dun mercado. Episodio 315

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *