#Fútbol afeccionado

A III Guía do fútbol provincial, en marcha

Promo Guía FIL

É unha das novas que máis nos tardaba anunciar. Tiveron que pasar dous anos para poder decir que verá a luz o vindeiro mes de outubro a III Guía do Fútbol Provincial, de novo da man do Diario El Progreso, ao que lle agredecemos a súa enteira disposición para que este proxecto sexa unha realidade un ano máis.

Logo dun ano en branco por mor da pandemia do Covid-19, que impediu a disputa de tódalas competicións por debaixo de Preferente, a Guía do Fútbol Lucense voltará a ser un manual básico para seguir tódolos conxuntos da nosa provincia. Constará de 96 páxinas a toda cor, con tódolos equipos do fútbol feminino, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, con fichas individualizadas de cada xogador, as cales tentaremos mellorar para que os lectores podan ter unha información máis clara de das características de cada futbolista. Ademáis, tamén terán oco na nosa Guía unha parte fundamental do xogo: os colexiados.

Unha das grandes novidades desta III edición será a páxina de presentación de cada categoría. Cada unha delas contará coa análise dun destacado persoeiro lucense de ampla experiencia na categoría.

A falta de poder confirmar a data definitiva na que se poderá atopar nos kioskos, que o faremos tan pronto como sexa posible, ao non ter polo momento os calendarios de tódalas categorías, si podemos anunciar que os nosos redactores habituais Diego Díaz, Iván Calaza, Santi Real e Marcos Fernández, contarán con inestimable axuda de Manu Amor, Juanma Rodríguez e Rachu Carballedo. Desta volta Helena del Río, moi ao noso pesar, non poderá participar na elaboración da Guía, por motivos laborais. Ogallá na vindeira edición volte a estar connosco!.



A III Guía do fútbol provincial, en marcha

Diario dun Mercado. Episodio 237

A III Guía do fútbol provincial, en marcha

Diario dun mercado. Episodio 238

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *