O fútbol afeccionado analiza a posibilidade de cambiar as ligas a medio prazo. Ademais aparece con forza a idea da creación dunha Supercopa no balompé galego.
Esta fin de semana celebrouse en Santiago o I Congreso do Fútbol Galego – Balón á Terra organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela. O encontro pretendeu unir a todos os estamentos do balompé.
Na xornada tratáronse diversos aspectos ante a presenza duns 300 representantes de clubs galegos. Ademais as propostas tamén involucran ás licenzas e outras modificacións no fútbol base. En todo caso, serían plans a estudar para a campaña 2024/2025.
Propostas a estudar nas competicións do fútbol afeccionado
- Con respecto a liga regular:
Proposta 1:
-Manter dous grupos de Preferente de 18 equipos
-Quedarse con catro grupos de Primeira Rexional de 18 equipos
-Facer un grupo de Segunda só en Lugo, así como na Coruña, en Ferrol, na Costa, en Santiago, en Ourense, en Pontevedra e en Vigo
-O resto de equipos quedarían encadrados na Terceira.
Proposta 2:
-Facer tres grupos de Preferente de 16 equipos seguindo un criterio de «proximidade xeográfica»
-Seguiríase tamén este mesmo criterio para compoñer seis grupos de Primeira Rexional con 16 equipos en cada un
-Facer un grupo de Segunda en Lugo e tamén na Coruña, en Ferrol, na Costa, en Santiago, en Ourense, en Pontevedra e Vigo
-O resto competirían en Terceira Rexional
- Con respecto a outras competicións: Supercopa:
A idea sería ter cada ano un super campión galego. Participarían neste torneo os gañadores das Copas provincias ou comarcais que xa existen actualmente. No caso da provincia de Lugo sería o gañador da Copa Deputación (entendemos que de Preferente e Primeira).
A proposta da competición (que pode presentar modificacións) consistiría nunha eliminatoria na que se enfrontarían: o gañador da Copa Deputación de Lugo co da de Ourense; o gañador da Copa da Coruña co de Ferrol; o gañador da Copa da Costa co da do Sar e o gañador da Copa Rías Baixas de Pontevedra co vencedor da Copa Rías Baixas de Vigo.
Os catro vencedores xogarían unha final a 4 (enténdese semifinal e final) nun dos estadíos cabeceira do fútbol galego como podería ser o de Balaídos.
Aspectos relacionados coas licenzas:
- Impulso das licenzas PDA para as persoas con diversidade. A idea é que podan participar en competicións habituais de calquera idade. Tamén se estudaría a posibilidade de crear competicións Xenuinas nas distintas delegacións.
- Manteríase a licenza do xogador a proba: impulsada na anterior pretempada. Ten un custe de 15€ que se descontaría no caso de que o xogador teña ficha para todo o curso.
- Licenza oficial de directivo: podería ser formalizada para directivos que figuren oficialmente na intranet privada do club. Terían que abonar unha cota mínima á Mutualidade de Futbolistas Españoles. Permitiría sentarse no banco durante un partido e mesmo desempeñar as funcións de Delegado no caso de que este sexa expulsado ou sancionado.
- Convocatorias de 18 xogadores e 5 cambios: A idea é que en categorías como a Preferente ou a Primeira Rexional as convocatorias sexan de 18 futbolistas e que se podan facer cinco trocos en tres ventás.
ALGUNHAS PROPOSTAS fútbol base:
-Cambios volantes ata División de Honra Infnatil
-Cambiar o tempo de xogo en categoría infantil a 35 minutos para cada parte
-Establecer catro tempoS de xogo nas categorías prebenxamíns (4 cuartos de 10 minutos) e benxamín (tempos de doce minutos)
-Expulsións temporais en prebenxamín e benxamín
A maiores tamén saíu no encontro a pretensión de facer unha clasificación de todos os campos de fútbol que hai en Galicia. Segundo din «trátase de ter un informe detallado co fin de poder mellorar as instalacións». Seguiremos pendentes da análise de todas as propostas mencionadas e máis que podan xurdir.