#Fútbol afeccionado #Fútbol Base

A-56: Joserra, o xogador que nunha mesma tempada defendeu as camisolas da selección lucense e ourensá

Jose Ramón Carballo Gómez «Joserra» pertence á xeración do 91, senón a que máis, unha das máis exitosas da historia de Chantada. Hoxe achégase ata A-56 para conversar con Futbolinourense e Futbolinlugo de presente e futuro pero, sobre todo, de pasado. Un pasado que no mundo do fútbol naceu hai vinte anos, tal e como el conta: «Comezo a xogar nos infantís do meu pobo. Un día o equipo tiña 10 xogadores para o partido, e non sei se por ser dos máis altos, pero chamáronme sendo alevín e ala fun«.

Un alevín de primeiro ano que se estreaba na categoría infantil e que o facía marcando. A partir de aí defendendo a camisola das Escolas Deportivas ata dar o salto na categoría cadete a unha SD Chantada da que xa non saíu dende aquela. E non foi por falta de ofertas, sobre todo, na súa etapa en categorías inferiores: «Houbo algunha chamada, pero estaba moi cómodo xogando cos meus amigos, que a parte eramos competitivos e nunca mo cheguei nin a plantexar. Seguro que a miña persoalidade tivo moito que ver«.

“Xogadores compañeiros que me chamaran a atención, Richi; tamén saíron xogadores para boas ligas como poden ser Pablo Antas, Make ou Fer Beltrán»



Na súa etapa como xogador de base, Joserra defendeu as camisolas das seleccións provinciais de Lugo e de Ourense, con anécdota incluida: «En Chantada, daquela, as Escolas en infantís competían en Lugo, e logo a SD en cadetes e xuvenís en Ourense, polo que comecei a xogar na lucense Sub 15«.

«O caso foi que ao pasar para cadetes volve chamarme o seleccionador de Lugo (eu xa competía en Ourense) e acudo a xogar un par de partidos; non lembro moi ben se desde o club ou como fora me dixeran que non podía volver, xa que lle daban por perdidos os partidos, e foi cando xoguei o resto da fase ca selección de Ourense«.



Esa ‘doble nacionalidade’ permitiulle compartir vestiario con moitos e grandes xogadores da súa xeración e das cercanas: «Gardo moi bos recordos dos compañeiros, e tamén da xente á que nos enfrontabamos. Xente do Celta e Dépor, para min era todo novo, e a verdade é que eran moi superiores».

«Xogadores compañeiros que me chamaran a atención, Richi que xogaba no Calasancio e se fora para o Dépor, creo que xa non está en activo por temas de lesións. E logo saíron xogadores para boas ligas como poden ser Pablo Antas, Make ou Fer Beltrán«.

«Non sei se xeración de ouro, houboas moi boas, pero si que igual foi a que se tomou as cousas máis en serio»

Aínda e con todo, tampouco facía falta saír de Chantada para atopar bos xogadores cos que Joserra compartiu vestiario, na que moitos denominan no Sangoñedo a «Xeración de Ouro», que acumulou éxitos ata culminalo cun histórico ascenso a Liga Nacional. Así lembra Joserra aquela época: «Non sei se xeración de ouro, hóuboas moi boas, pero si que igual a que se tomou as cousas máis en serio. O bo é que había moitísimos xogadores, gustábanos e estabamos moi comprometidos. E ter un adestrador como Óscar Mendez foi clave«.



Tras toda unha vida na SD, estaremos a falar dun “one club man” ou plantéxase xogar algún ano fóra do seu club?: «Agora mesmo non sei cantos anos de fútbol me quedarán pero a idea é seguir aquí. A SD Chantada sempre foi un club serio e no que se fan as cousas ben«.

Tras máis dun ano sen pisar o campo de xogo, pregunta obrigada: xa se bota de menos? Gañas de volver ou eres dos que aproveitou esta situación para cambiar costumes deportivas? «O de cambiar costumes supoño que lle pasou a todo o mundo. Metémonos a fondo noutros deportes como o pádel ou o ciclismo, mesmo amigos meus que non eran tan activos no deporte o fixeron, por sacar algo “bo” da pandemia. De todas formas, mentiría se dixera que non se bota de menos o ambiente de partido, ben sexa no campo ou na grada mesmo«.

Tras tantos anos no mundo do fútbol, algunha espiña clavada?: «A verdade é que non, desfrutei moito do fútbol. Quizais, por decir algo, xogando en infantís ibamos líderes invictos da liga a falta de 2 xornadas, xogabámonos todo co Racing Vilalbés e metéronnos unha boa, xa está superado«.

JOSERRA NA A-56…

Un campo da provincia de Lugo?

Cantarrana.

Un campo da provincia de Ourense?

Calabagueiros.

Un lugar da provincia de Lugo?

Chantada.

Un lugar da provincia de Ourense?

Allariz.

Un compañeiro de vestiario?

Kadete.

Un momento vivido no fútbol?

Teño que quedarme co ascenso a Nacional en xuvenís, nunca antes se estivera nesa liga en Chantada, fora unha festa.

A-56: Joserra, o xogador que nunha mesma tempada defendeu as camisolas da selección lucense e ourensá

O partido Fisioterapia Ronda . . .

A-56: Joserra, o xogador que nunha mesma tempada defendeu as camisolas da selección lucense e ourensá

O PM Friol B, o Antas e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *