#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

A 35ª edición da Copa ten emparellamentos confirmados

 

Achégase o final da temporada regular no fútbol lucense, pero iso non significa que a campaña remate. Unha vez máis ao finalizar a liga, o fútbol afeccionado da provincia desputará a Copa que vai xa pola súa trixésimo quinta edición. Os emparellamentos presentáronse este sábado na Deputación de Lugo coa novidade de que este ano o trofeo levará o nome de Jorge Tato Rey, en homenaxe ao futbolista lucense falecido hai dous anos.  As eliminatorias desputaranse a un partido, agás nas do fútbol feminino.

Os primeiros en rematar a liga, serán os que enceten o clásico copeiro. En principio, na fin de semana do 12 e 13 de maio os equipos de Segunda e Terceira Rexional desputarán a primeira eliminatoria. No norte, cinco clubs están exentos da mesma: O Catro Roldas que xogará os oitavos de final co vencedor do Roupar – Ourol; e outros catro conxuntos que xa coñecen os seus emparellamentos de oitavos: Friol B – Fonsagrada e Celta Barreiros – Rábade. Polo tanto, a primeira rolda quedaría así:

1. Candelaria – Cervo



2. Abadín – Cospeito

3. Rioaveso – Matela

4. Lourenzá – Muimenta



5. Goiriz- Cazás

6. Folgueiro- Guitiriz

7. Alfoz- Celeiro

8. Burela – Mondoñedo

9. Cabreiros- Iberia



10. Pol- Meira

11. Roupar- Ourol

No grupo sur o Laxosa renunciou a xogala Copa e son seis os equipos que pasan exentos os oitavos de final; iso si, xa cos cruces decididos: Paradela – Santa Comba, SD Becerreá – Monterroso B e Río Sil – Incio. Os emparellamentos da 1ª rolda son os seguintes:

1. Quiroga – Guntín

2. Sporting Lucense – FC Becerreá

3. Comercial – Castroverde

4. Oural – Portomarín

5. Corgo – Sober

6. Brollón – Antas

7. Friol A – Rubián

8. Milagrosa – San Lázaro

9. Atlético Taboada – Chantada B

10. Chantada Atlético – Palas

 

Na presentación do sorteo amousouse un vídeo en homenaxe a Jorge Tato realizado polos compañeiros do xornal, Líder

A continuación entrarán en liza os dezaoito conxuntos que compoñen a Primeira Rexional. Farano na última fin de semana de maio; xogarán a primeira eliminatoria e na segunda xa será cando entren na competición os equipos lucenses da Preferente (emparellamentos no seguinte chío):

A primeira fin de semana de xuño comezaría a participación dos equipos de Preferente xa na segunda rolda:

Viveiro – Polvorín

Escairón – Vencedor (Ferreira – Pastoricense)

Vencedor (Bóveda – Lemos) – Vencedor (Chantada – Pontenova)

Vencedor (Riotorto – Xermade) – Vencedor (Páramo – Sarriana)

Residencia – Vencedor (Monterroso – Santaballés)

Ribadeo – Outeiro de Rei

Vencedor (Taboada – San Ciprián) – Castro

Vencedor (Foz – Xove Lago) – Venedor (San Roque -Valadouro)

As últimas en incorporarse á cita da Copa serían as xogadoras dos cadros femininos. Salvo modificación de datas, o calendario quedaría así (aquí as eliminatorias serían de ida e volta):

Friol – Milagrosa

Ribadeo – Antas

A 35ª edición da Copa ten emparellamentos confirmados

O partido en imaxes: C.D. Alfoz –

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *