Xa se contan os días para os inicios ligueros. Polo tanto, os clubes lucenses están a pechar os seus cadros de xogadores de cara a nova campaña, pero aínda seguen chegando novas ao noso buzón.
Por exemplo, os próximos amistosos de pretemporada que disputará o Ribadeo. O conxunto do Pepe Barrera desprazaráse mañá día 8 de agosto á Pontenova para medirse ao Andés, e o venres visitarán Lugo para facer frente á Residencia. Precisamente desde a Cheda chega a baixa de Mauro, quen semella estar a piques de converterse en novo xogador da SD Sarriana.
Na Primeira Galicia, a SD Monterroso anunciou a fichaxe de Pallares, gardameta con pasado na comarca da Ulloa (ex da SD Antas) e na Preferente, na que disputou varios partidos a pasada temporada co Outeiro de Rei. Asemade, os de Cerdeiriños renovan a Cañón.


Por último, o proxecto do Carballedo CF colle máis e máis forza. Noelia Mazaira Lamazares foi presentada como a 22ª xogadora do clube para a 2018/2019.
