Intensos movementos pola Terra Chá, na véspera do inicio dunha semana no que moitos equipos comezan a súa pretemporada. Na Primeira move ficha o Santaballés coa fichaxe de Hugo López, extremo procedente do Racing Vilalbés División de Honra Xuvenil. Un dos que xa botou a estiralas pernas na categoría foi o Chantada Atlético. Este venres arrincou unha nova pretemporada que seguirá dirixida por Fran Regal, Fran J e capitaneada por Miko.
Na Segunda o Abadín presenta algunha novidade con respecto ao curso pasado. O equipo estará dirixido por Óscar Pol e conta coas altas de Vicente (procedente do Cabreiros), Julen Tojo, Iago (porteiro San Roque), Diego Carro, David Lopez “Chupi” e Pedro (Cazás). Todo para suplir a baixa confirmada do porteiro Cristian e algunha máis que se pode producir. O gardamallas Iván Seco, se hai equipo xuvenil en Cospeito, irá xogar alí; Izan foi operado nos últimos días, e aínda que ten intención de seguir no equipo, este ano vai ser dificil que se de recuperado; Pardeiro aínda non se recuperou da lesión sufrida a tempada pasada. Díxolle á directiva que se había suficientes xogadores este ano prefería non competir. Por outra banda, Pablo, Miguel e Gayoso, se as súas circunstancias llo permiten, formarán tamén parte do cadro de xogadores.
O Goiriz refórzase con Alfonso procedente do Santaballés. O cadro adestrado por Cora mantén o bloque co que conseguiu o ascenso á Segunda. Nun principio, só conta coa saída de Mateo que xa non estivera para desputar a pasada edición da Copa. O cadro do Ventiño comeza a pretemporada este martes e haberá algún xogador a proba. Na súa lista de amigables está o encontro co Mondoñedo o mércores 8 en Goiriz; xunto cos duelos fronte ao Santaballés, Rioaveso e Cospeito aínda sen data fixada. Un día despois de comezar o Goiriz farao o Cabreiros no campo da Acea.
Na Terceira o Cazás tamén mantén eminentemente o bloque, agás as saídas de Isma, David e Juanín. Baixas que suplen coas chegadas de Isma (xogou no Matela e Codesido), Álex (estaba libre) e Samuel (ex do Momán). O cadro xermadino conta con que para outubro o céspede do Catro Ventos estea no estado correcto para a práctica do fútbol.

