#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 83

[themoneytizer id=»15360-28″]

Achégase o momento máis duro e, á vez, ilusionante para todos os futbolistas: o comezo da pretemporada. De cara a el, os clubes ultiman incorporacións e renovacións, co obxectivo de confeccionar os cadros de xogadores para a temporada 2018/2019.

Comezamos hoxe na Preferente Norte, na que Alvarito abandona o CD Castro para enrolarse na disciplina da Sarriana. Na categoría inmediatamente inferior, o SD Páramo anunciou a renovación de Saúl e Héctor Núñez, mentres que a SD Outeiro de Rei renovou a Manu Roca e firmou a Diego Seijas, quen volve ao equipo desde o Santa Isabel FS.

Tamén na Primeira Galicia, pero avanzando cara o norte, o Riotorto anunciou a súa planificación para esta pretemporada. Entre os encontros que disputará están amistosos contra SD Astur Vegadense (28 xullo), Abadín CF (5 agosto), SD Sarriana (11 agosto), ED Lourenzá (16 agosto), Iberia CF (19 agosto), CD Cospeito (22 agosto), Meira FC (26 agosto) e SDC San Lázaro (28 agosto). Xa na Mariña, o Xove Lago tamén anunciou o inicio da súa pretemporada, que será o día 30 de xullo.



Saltando agora á Terceira Galicia, o extremo de Fazouro Hugo Río asinou polo Celta Barreiros, deixando o CD Foz, e Adrián Regueiro «Romi» é novo xogador da SD Paradela tras o seu paso polo Pol. Por último, no que atinxe ao fútbol feminino, Diana Picos convertiuse en nova xogadora do Carballedo FC.

Diario dun mercado. Episodio 83

Diario dun Mercado. Episodio 82

Diario dun mercado. Episodio 83

Diario dun Mercado. Episodio 84

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *