Novo temporal que se ceba co noso fútbol. Félix deixounos sen dous dos partidos da xornada. Os de dous aspirantes. O Castro quedou sen xogar o seu encontro en Ordes. Ao Ribadeo pasoulle o mesmo e non rendiu visita ao Dubra. Por sorte, o resto dos representantes lucenses sí xogaron os seus encontros. O Polvorín segue no liderado. Iso sí, despois de sufrir ante un gran Dumbría. Victoria pola mínima cun gol de Cuadretti a pouco do remate. Nesa zona alta, caeu o Arzúa. O cadro de Javier Montoto deixouse os puntos ante a nosa Residencia. Partido completo dos de Álvaro Meilán, que encarrilaron antes do descanso e sentenciaron xusto á volta do tempo de lecer. O conxunto branquiazul xogou unha hora en superioridade numérica e aproveitouno á perfección.
Na zona baixa, o Viveiro conqueriu un triunfo fundamental. Un balón de osíxeno e que o saca da zona de descenso directo. Os de Chusky impuxéronse ao Betanzos a domicilio e sobre a hora. A mala nova foi a lesión de xeonllo de Xesús. Ademais, o Outeiro de Rei cedeu en Cospeito ante o San Tirso. Os de Peón perdonaron na primeira metade e nada pudieron facer ante o doblete de Álvaro Rey. Tamén perdeu o Atlético Escairón. Encaixou unha goleada no campo do potente Paiosaco. Por último, o Rácing Villalbés asinou unha brillante victoria no difícil feudo do Alondras. Rubén Gómez abriu a lata ao cuarto de hora e Álex Pérez sentenciou sobre a bucina.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)