#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 21) e Preferente (Xornada 20)

O Ribadeo logrou moito máis que tres puntos no Arturo Pereiro. Certificou a súa candidatura ao ascenso diante dun rival directo. E cun gol no minuto 92. Esta vez, o desconto non lle sorriu ao Castro, como fixo a anterior xornada ante o Viveiro. Unha tarde para olvidar a do cadro vermello, que recibiu un tanto do seu veciño Juanma. Celebración incluida. Aínda así, os de Javi López seguen na pelexa. Falando de loitas, tamén está aberta a do primeiro posto. O Polvorín está a só tres puntos do líder despois de que o Paiosaco caese con rotundidade en Arteixo. Os de José Durán sacaron adiante o seu encontro con sufrimento ante un gran Atlético Escairón que meteu en moitos apuros aos capitalinos.
Ademais, o Outeiro de Rei desplazouse á Magdalena vilalbesa para recibir ao Dubra. Non houbo sorte e os de Juan Peón cederon por 0-2. Tampouco tivo excesiva sorte a Residencia. Na súa visita ao Estudiantil, Iago Alonso perdonou a sentenza cun lanzamento ao longueiro dende o medio campo e os locais igualaron a contenda na última xogada do encontro, minuto 94. Por último, o Viveiro sacou un punto do campo de Ordes nun partido no que os goles chegaron na primeira metade. Punto insuficiente, xa que os mariñáns seguen en descenso. Por último, chega unha nova que non nos gusta. Pero tarde ou temprano tiña que chegar. O Racing Villalbés perdeu despois de once xornadas sen facelo. Cedeu no campo do Boiro e alí deixou o seu posto de play off de ascenso.

[themoneytizer id=»15360-16″]

Trío de Ases Terceira (Xornada 21) e Preferente (Xornada 20)

Palabra de… Rafa Casanova: «O sacrificio»

Trío de Ases Terceira (Xornada 21) e Preferente (Xornada 20)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *