#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 17

Xornada frenética para comezar o 2018 e pechar a primeira volta. Estes foron os destacados e o máis salientable de cada un dos encontros da xornada.

*Riotorto-Xove Lago: Primeira metade para enmarcar dos de Ramón Labrada. Nela marcaron os dous goles. Pedro Díaz, ex do Castro, debutou no Riotorto na segunda metade.

*Sarriana-Santaballés: Cómodo triunfo da Sarriana nun dos encontros da xornada. O cadro de Julio Corral sentenciou o encontro con dous goles consecutivos ao borde da hora de xogo.

*Taboada-Pastoricense: Os dous tantos chegaron dende o punto de penalti. Goles de ‘míticos’, dos ‘noves’ de ambos equipos. Farra adiantou aos visitantes e Guerreiro igualou para o Taboada na reanudación.



*Xermade-San Roque: Goleada do colista para iniciar 2018 ao grande. Un gol ao final da primeira parte e outro ao comezo da segunda fulminou ao cadro capitalino, que contaba con numerosas baixas e concedeu varios agasallos. Chungui resultou decisivo, cun gol e dúas asistencias.

*San Ciprián-Foz: Derbi de tolos e marcado polo vento. O San Ciprián mandaba por 3-1 e cedeu ante un aguerrido Foz. Ibán Gayol marcou un hat trick para os branquivermellos ante un rival que rematou dous xogadores menos.

*Páramo-Bóveda: Seis goles marcou o Páramo tralo descanso. Tres deles dos irmáns Gómez: dous de Diego e un de Robertito. Cabanelas Jr foi o ‘nove’ dun Bóveda, que só contaba con 13 xogadores. Ademais, rematou cun xogador menos pola expulsión de Diego Gayoso.



*Ferreira-Monterroso: Valioso punto para un Ferreira que viu como o Monterroso se adiantaba por dúas veces no marcador. Roi volveu á titularidade e Chanclas, completamente recuperado, regresou a unha convocatoria dos de JC Rodríguez pero non tivo minutos. Hugo marcou un golazo dende longa distancia para abrir o marcador para os visitantes.

*Valadouro-Pontenova: A Pontenova levouse o derbi no Árbol grazas a un gol en propia meta do veterano central Diego Pernas preto do descanso.

*Lemos-Chantada: O gran ‘clásico’ da xornada non defraudou. Tivo de todo: alternativas no marcador, doblete do ‘killer’ Diego Arias, gol da victoria nos últimos minutos… E incluso polémica no desconto, con decisións controvertidas que ben podían cambiar ese marcador.

Destacados Primeira. Xornada 17

As nosas redes falan!

Destacados Primeira. Xornada 17

Xove Lago e Aitor, desencontro nun momento

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *