Marcos Pereiro, adestrador do Viveiro

Marcos Pereiro (Viveiro): «Non teño dúbidas de que o imos sacar»

O Viveiro está dando cada vez máis pasos cara adiante no que vai de tempada e, ante o Alondras, acadaron unha gran vitoria para poder continuar co seu obxectivo de permanecer na Terceira RFEF un curso máis. Os mariñáns sumaron tres puntos importantes, pero reafirmaron todo o seu crecemento. Algo que ven da man do seu técnico, Marcos Pereiro, que no seu primeiro ano na Terceira ao mando dun equipo está ante un bo reto por diante.

O adestrador lucense pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron

Entrevista a Marcos Pereiro do Viveiro

Encontro ante o Alondras:»Déronse moitas circunstancias porque se xuntou a mala xeira con estar con dez moito tempo. Houbo que sacar a raza e o coraxe e creo que os xogadores fixeron un traballo excelente. Aproveitamos a ocasión que tivemos e conseguimos sumar os tres puntos».

Promoción a primeiro adestrador:»Pilloume na praia de vacacións. Chamáronme Alberto López e Luis del Río e comentaron entre eles que querían confiar en min. Despois de aí, foi todo moi sinxelo. Somos un club moi particular porque estamos nunha zona que non é sinxela para acumular talento. Conseguimos un cadro completo cun plantexamento máis viable no medio e longo prazo».

Convenio coa SD Viveiro:»No día a día é unha bendición. Veñen xuvenís adestrar e varios xa entraron en convocatorias. É unha formula beneficiosa para ambas partes que nos axuda a solventar dificultades á hora de preparar os encontros. A relación flúe e é moi boa para todos».

Aspectos de maior mellora:»Fíxosenos a pretempada un pouco curta, temos un equipo novo e tivemos dificultades. Faltounos experiencia ao comezo, pero estaba tranquilo porque notaba como medraban os xogadores. O reto era verse último e responder como o están facendo. Os resultados seguirán e non teño dúbidas de que o sacaremos adiante».