Alberto López, adestrador do Lemos

Alberto López (Lemos): «O único obxectivo é o ascenso»

O comezo de tempada para o Lemos está a ser moi difícil de mellorar. Aínda non coñeceron a vitoria e ubicanse no segundo posto da Preferente Sur despois do seu bo inicio. Todo cunha proposta atractiva que coida a súa propia porte mentres que conseguen xerar moito perigo na área contraria. Todo confeccionado por Alberto López, que voltou á Pinguela para ser o encargado de cumprir o soño de toda a afección lemista. Só hai unha cousa na mente en Monforte, e é conseguir o ascenso directo á Terceira RFEF despois de moitos anos.

O adestrador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron do último encontro, do seu inicio e do próximo encontro ante o Marín.

Entrevista a Alberto López do Lemos

Encontro ante o Cultural Areas:»Plantexamos moi ben o partido en canto as súas debilidades e fortalezas. Arriscamos na presión para ir ao ataque e creamos moitas situacións para lograr ese marcador. Foi o partido máis completo dos que levamos na Pinguela».

Invictos:»O equipo está moi ben. Foi un pau non materializar contra o Barbadás, pero foi o único pero que tivemos. Logramos superar varios inconvintes no centro do campo e temos unha intensidade moi boa a nivel defensivo. Fáltanos conxuntarnos por dentro para ensamblarnos a nivel ofensivo pero estamos moi contentos porque os novos están aportando moito e os veteranos aportan a súa experiencia. O único obxectivo é o ascenso, por eso fichei aquí. Hai grandes equipos, pero queremos loitar polo directo».

Encontro ante o Marín:»Temos unha boa proba ante un equipo que é o favorito. Teñen uns xogadores que poderían competir polo ascenso na Terceira RFEF con nomes consagrados en categorías superiores. Se mantemos o nivel de presión que temos poderemos sacar o partido adiante».


Alberto López (Lemos): «O único obxectivo é o ascenso»

O PM Friol quere dar un novo