PM Friol

O PM Friol quere dar un novo golpe polo ascenso

Despois dun comezo perfecto para o PM Friol, que sumou seis vitorias de seis posibles, as de Geluco afrontan un tramo moi importante da Terceira nas dúas próximas xornadas. O primeiro desafío chega ante o Victoria este sábado ás 17.00 horas na Reigosa para intentar gañar distancia na loita polo ascenso directo. Un encontro que pode ser moi importante para o futuro da liga, que este ano conta con dúas plazas de ascenso.

O comezo do PM Friol é perfecto en canto a números, pero ten moito traballo detrás para analizar. Está tendo á defensa como a súa maior virtude, xa que só encaixaron catro tantos. Neste aspecto, están empatadas co Victoria como mellores defensas das competicións. Pero o que tamén é de destacar é que non necesitan marcar moitos goles. Con só 12, son as que menos anotan dos seis primeiros xunto co Lóstrego.

O Victoria é un equipo con gran experiencia e que promete estar no máis alto da competición, pero chegan cunha baixa sensible para o fútbol lucense. Non estará na Reigosa a ribadense Candela Vázquez, que vive a súa segunda tempada no conxunto santiagués despois de estar no CD Lugo. Agora, está recuperándose dunha lesión que sofre desde o comezo de curso. A tempada pasada foi unha figura moi importante, xa que nos 22 partidos nos que entrou ao campo marcou oito goles.

A PROTAGONISTA

Nerea, capitá do PM Friol

Comezo da tempada: Comezamos da mellor forma e, vendo todo o traballo que hai detrás, creo que é completamente merecido arrincar así. Fixemos unha moi boa pretempada e agora estamos tendo os resultados que todas queremos.

Tramo complicado do curso para o PM Friol: Agora veñen dous encontros contra rivais moi fortes. Estamos preparándonos continuamente. Si que é verdade que non pensamos moito nos puntos que levamos porque penso que é engañoso. Esta liga é moi competitiva e traballamos cada día para o próximo partido coma se fose o único.

Inicio individual: Está sendo moi boa. Temos un equipo que é unha pequena familia. Compentrámonos moi ben dentro do campo e todas traballamos para mellorar. Pola miña parte, estoume atopando moi ben, pero aínda estamos comezando o curso.


Chave do encontro ante o Victoria: Penso que somos equipos parecidos porque a ambos nos gusta moito ter o control do balón. Creo que vai estar aí o partido, o equipo que máis posesión teña vai ser o que menos sufra. Nós sempre intentamos iso e temos que ter unha alta intensidade para seguir sumando.

Obxectivo do ascenso: É unha meta que temos aí e obviamente estaría moi ben. Temos unha oportunidade moi grande e estamos traballando para conseguila. Traballamos todas as semanas para estar na zona alta e loitar por subir.

A ANÉCDOTA

Nos últimos catro enfrontamentos entre os dous equipos o balance é case perfecto para o PM Friol. Tres vitorias foron para o cadro lucense, pero no último encontro foi o Victoria quen levou a vitoria. Estes partidos son unha garantía de goles, xa que nos últimos tres anotaronse más de tres goles.

A AXENDA

Terceira RFEF

Racing Villalbés-Alondras (domingo ás 12.00 horas en A Magdalena): Son dous dos candidatos a ocupar un dos postos da promoción de ascenso e teñen un encontro espectacular entre medias. Os de Juan Rodríguez enfróntanse a un rival moi poderoso que tamén comparte varios encontros sen gañar. Con 10 puntos cada un, os chairegos teñen unha boa oportunidade para seguir sumando.

Preferente Futgal

Pol-Sofán (domingo ás 12.00 horas no Municipal de Pol): Os chairegos chegan invictos á oitava xornada da tempada, o que os convirte no único equipo da Preferente Norte que chega a este punto da campaña así. Con 13 puntos, están igualados a puntos co Sofán, un rival clásico da zona alta da competición que vai poñerlle as cousas moi difíciles aos de Labrada.

Primeira Futgal

Monterroso-Taboada (domingo ás 16.30 horas en Cerdeiriños): Todo un derbi hai por diante na Primeira Futgal, e ademais os dous equipos están nos postos máis cómodos da táboa. O Monterroso leva desde a primeira xornada de competición sen coñecer a derrota, mentres que o Taboada acaba de sumar a súa segunda vitoria da tempada.

Segunda Futgal

Iberia-Alfoz (domingo ás 17.00 horas nas Valgas): Despois de gañar no derbi de Barreiros, os obstáculos non cesan para o Iberia. Chégalles o Alfoz nun gran estado de forma e a só tres puntos do equipo que ocupa a segunda posición da táboa, empatado a puntos co Pastoricense. Un encontro importante para ambos na súa loita por tratar de conseguir o ascenso.

Terceira Futgal

Muimenta-Cazás (domingo ás 16.00 horas no Pichón): A táboa, ata o momento, ponos como os principais perseguidores do Sporting Pontenova no camiño cara á única praza de ascenso directo que está en disputa na Terceira Norte. Un encontro onde dúas boas xeiras se miden frente a frente coa idea clara de competir polo ascenso de categoría.

Fútbol feminino

Auriense-Chantada (domingo ás 17.00 horas en Oira): Quince puntos de quince posibles levan as chantadesas despois do seu ascenso de categoría. Ata o momento, parece que non só queren o ascenso, senón que queren arrasar no grupo. Terán unha nova proba ante un Auriense, que está preto da súa semana fantástica como club, xa que o masculino prepárase para xogar contra o Deportivo na Copa do Rei.

O PM Friol quere dar un novo golpe polo ascenso

O PM Friol quere dar un novo