#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

Xornada moi reducida no noso fútbol. Á ausencia da Terceira División por mor da disputa da Copa das Rexións UEFA, houbo que añadirlle un elemento extra. Ese que chegou en forma de choiva e vento e se levou por diante a clásica tarde futboleira de domingo. Polvorín, Atlético Escairón e Ribadeo non puideron xogar os seus encontros da Xornada 17 da Preferente. Agora teremos que agardar á data que sinala a Federación Galega de Fútbol para a disputa dos seus partidos.

O que sí xogou, aínda que só por vinte minutos, foi o Castro. No Arturo Pereiro desafiaron á cicloxénese Ana, aínda que só por un pequeno anaco de tempo. Tempo suficiente para ver un gol do Betanzos. Tamén houbo fútbol esta Ponte na veciña Outeiro de Rei. O pasado mércores, os de Juan Peón caían por un claro 0-6 diante do Estudiantil. Dous errores garrafais situaron aos visitantes cun 0-2 aos cinco minutos. Unha renta que nunca lograron recurtar.

Ademais, o Viveiro encaixou unha dura goleada na súa visita ao potente As Pontes. Por último, a Residencia perdeu na súa visita ao Atlético Arteixo. Iso sí, o equipo de Álvaro Meilán estivo incrible. Competindo nun feudo moi complicado e en inferioridade numérica, incluso. O cadro branquiazul rematou o partido con nove xogadores.



Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

O partido en imaxes: Outeiro de Rei-Estudiantil

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *