Jacobo Folgar do Viveiro

Jacobo (Viveiro): «Vin o vídeo da parada 200 veces»

Poucas veces se pode dicir que o xogador da xornada está nun equipo que perdeu, pero neste caso foi o viral da xornada. Jacobo Folgar tivo que exercer de porteiro na derrota do Viveiro ante o Boiro para as últimas xornadas despois de que expulsasen a Ayoub ao cometer un penalti. Juan Cambón ía lanzalo, pero o destino faría que o central sacase unha man espectacular. Unha parada que se converteu no vídeo máis visto da xornada na Terceira RFEF e que chegou a ter repercusión a nivel nacional.

O defensor pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron do último encontro e da súa acción parando o penalti.

Entrevista a Jacobo Folgar do Viveiro

Encontro ante o Boiro:»Plantexamos moi ben o encontro e xogamos ao que quixemos na primeira parte. Teñen xogadores de moita calidade que te acaban sometendo. Pese ao resultado, creo que estamos mellorando moito e imos na boa liña».

Xogada viral da xornada:»É un pouco curioso porque nunca tiven tanta repercusión por ser central. É unha bonita anécdota que este vídeo saia a luz. Ao mellor o vin 200 veces e mandaronme moitas mensaxes. Xa vai quedar para sempre. Sempre me gustou a portería e saíume así. Naceu de dentro pensar que o podía parar. Intentei moverme bastante na liña e tireime ao meu lado de seguridade».

Curso do Viveiro:»Temos un equipo bastante novo, pero creo que temos moita calidade. Necesitamos tempo e paciencia e nós non estamos comendo moito a cabeza porque estamos traballando moi ben».