Os Máxicos O Muelle Bar deixaron victorias visitantes e algunha sorpresa na segunda xornada de competición. Repasámolo.
O Folgueiro asalta o Luis Gorgoso (0-1). Os mariñáns sacaron os primeiros tres puntos da temporada logo de sacar rendabilidade a un gran gol anotado no primeiro tempo. A Milagrosa, pola súa banda, gozou de varias ocasións no primeiro tempo para igualar, pero non estivo atinada de cara a porta. Na segunda metade, a intensidade local afundiu ao Folgueiro, pero os do Vicedo aguantaron ben os ataques branquivermellos e sacaron ouro da Frigsa, 0-1.
Os Máxicos do Lourenzá suman 6 puntos de 6 posibles
O Cire impón ao súa condición ante un combativo Brollón (3-0). O conxunto da Pobra estivo moi ordenado e detivo ben os ataques locais, pero un saque de esquina no que puido haber falta ao porteiro supuxo o 1-0 mediado o primeiro tempo. Porén, o Brollón reaccionou e rematou a primeira metade con tres ocasións que non materializou. Tras a reanudación, o Cire fixo o 2-0 nunha transición logo dun desaxuste visitante e, desde ese intre, os coruñeses dominaron o choque. Chegou o terceiro tanto local e, aínda que o Brollón competiu ata o final, o marcador non se moveu máis.
Monterroso e Foz empatan en Cerdeiriños (1-1). Adiantouse cedo o Foz cun gol de Roi á saída dun córner, pero o Monterroso reaccionou con xogo directo e empatou logo dun saque de banda no que Héctor estivo máis listo que a defensa. As disputas e a intensidade marcaron o resto da primeira metade, mentres que no segundo tempo foron os Máxicos mariñáns os estiveron preto da victoria: Diego errou un man a man, Mista estrelou un balón na trave… Os Máxicos locais, polo súa banda, tamén tiveron opcións para anotar o segundo gol. O acerto de cara ao gol, porén, brillou pola súa ausencia e os puntos se repartiron en Cerdeiriños.

O Chantada Atlético cae ante un gran Ribadeo (2-4). As baixas mermaron a un Chantada Atlético que viu como o Ribadeo se adiantaba nun erro defensivo. Aínda que os Máxicos da vila do Asma igualaron á media hora de xogo, os celestes tiraron de efectividade e aproveitaron outra confusión defensiva para facer o 1-2. Meitín ampliou a diferenzas tras o descanso e, aínda que o Chantada Atlético mellorou e reduciu distancias, Yago Cruña sentenciou nun contragolpe para darlle o primeiro +3 do ano aos Máxicos de Moirón, 2-4.
O Santaballés mellora a imaxe e supera ao Oural (3-1). Ao comezo do partido houbo moito ritmo e alternativas para ambos conxuntos, incluíndo un pau para o Oural. Porén, foron os chairegos quen golpearon primeiro cun tanto de Xoán a balón parado. Os cementeiros mantiveron o posicionamento ordenado, pero subiron as liñas na segunda metade e o xogo se abriu moito, especialmente tras a expulsión que sufriron os Máxicos sarriáns. O Santaballés interpretou ben esas situacións e conseguiu dos goles máis, ata chegar ao 3-0. O Oural non baixou os brazos e anotou o tanto da honra, pero os puntos quedaron na Liga.
O Lourenzá convence ante o Guntín (1-0). Aínda que o dominio posicional foi do Guntín e os Máxicos laranxas tiveron opcións para anotar, o Lourenzá sacou partido das transicións e puido adiantarse no primeiro tempo. No segundo tempo, o Lourenzá aproveitou un saque de banda e un desaxuste defensivo rival para adiantarse por medio de Casanova e puido duplicar a diferenza nunha gran xogada deste mesmo futbolista. O Guntín envorcouse na procura do empate, pero o «Atleti» defendeu ben e chegou á recta final con vantaxe. Nos últimos quince minutos o partido tornouse bronco e ambos equipos sufriron dúas expulsións para rematar o choque con nove futbolistas.
O Becerreá saca un gran punto de Outeiro de Rei (1-1). O partido comezou cun penalti a prol do Outeiro, pero Dani fíxose grande e detivo a pena máxima. Os Máxicos chairegos, porén, seguiron apretando en ataque e conseguiron o 1-0 nun centro lateral logo dunha gran posra en escea. Desde ese momento melloraron os visitantes, e Kevin rematou un gran balón de Xairo para empatar antes do descanso. Na segunda metade e tras unha gran parada de Pacio, os locais procuraron con insistencia o gol, pero o bo papel de Dani e a solvencia defensiva do Becerreá permitiu que os da Montaña levasen o primeiro punto do curso para casa, 1-1.
O Racing Villalbés desfruta da Magdalena ante o Taboada (4-0). Os Máxicos chairegos confirmaron o dominio inicial cun golazo de Gabri mediado o primeiro tempo, e Gegun duplicou a vantaxe antes do descanso ante un Taboada moi espeso. Na segunda metade, os visitantes tiveron opcións de recurtar diferenzas, pero o filial do Racing amosou a súa mellor versión para anotar dous goles máis e sacar tres puntos moi merecidos do feudo vilalbés.
Residencia e Escairón empatan a todo na Cheda (2-2). A calor e a igualdade foron protagonistas na tarde de domingo, pero o Escairón golpeou primeiro cun gol nun balón parado. A Residencia fíxose pouco a pouco co control do xogo e, no último minuto do primeiro tempo, empatou tamén nunha xogada ensaiada. Na segunda metade, o Escairón quedou cun home máis, pero a Resi conseguiu o 2-1, de novo desde o balón parado e por medio de Cumbraos. Tiraron de épica os Máxicos do Saviñao para empatar o choque na recta final e buscar a remontada, pero os puntos quedaron repartidos.
O filial do Lemos cae con rotundidade en Loñoá (4-0). Os Máxicos lemistas competiron moi ben na primeira metade, pero os ourensáns tiveron máis acerto de cara ao gol e anotaron o 1-0. Antes do tempo de lecer, o Lemos viu como lle anulaban un gol polémico no que o árbitro levou a contraria do seu asistente. Na segunda metade, o Loñoá fixo o 2-0 xusto ao saír dos vestiarios e mermou moito aos do Cabe, que trataron de adiantar as súas liñas pero sufriron moito coas contras ourensás para rematar o partido cun resultado que non reflicte en absoluto o visto sobre o terreo de xogo, 4-0.



