#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Brais Prieto (Racing Villalbés): «Faime moita ilusión volver á Guía Fútbol en Lugo»

Brais Prieto do Racing Villalbés

Esta semana está marcada pola inclusión do Racing Villalbés, Viveiro e Sarriana na Guía Fútbol en Lugo. Nos tres equipos hai un factor común chamado Brais Prieto, que foi o ‘detective’ que se encargou de facer a pescuda dos equipos para que a guía chegase aos 88 equipos. Este curso, será un dos encargados de darlle solidez aos de Juan Rodríguez tanto na parcela defensiva como no centro do campo nun ano no que os chairegos queren estar na loita da zona nobre da táboa da Terceira RFEF.

Ademais, Brais Prieto acumula moitos éxitos recientes, con dous ascensos consecutivos tanto coa Sarriana como co Lalín. O centrocampista pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron da Guía Futbolinlugo, da tempada do Racing Vilalbés e do primeiro encontro do curso.

Entrevista a Brais Prieto do Racing Villalbés

Guía Fútbol en Lugo: «Foi unha proposta que me fixeron porque eu creo que sabían que ía aceptar facilmente. Eu pasei polos tres equipos e fun o encargado de atopalos para metelos. Eu sempre a comprei ata en anos nos que non estaba. Este ano, ao poder volver a estar, faime moita ilusión».

Tempada co Racing Villalbés: «Estamos comezando o ano, falta moito para aventurarse a vaticinar un ascenso. A cousa é ir partido a partido centrados en sacar os máximos puntos posibles. Desde o primeiro día entrei moi ben e Juan estaba centrado nun cadro de boas persoas. Estou moi contento».

Próximo encontro: «O Montañeros é un dos candidatos por cadro. Vai ser un partido difícil pero é un máis no que queremos sumar. Temos que ir a pola vitoria».

Brais Prieto (Racing Villalbés): «Faime moita ilusión volver á Guía Fútbol en Lugo»

A Sarriana e o Viveiro estrean o