Entrada dos equipos do All-Star masculino

O VI All-Star en imaxes: Partido masculino (I)

As estrelas do fútbol lucense reunironse no All-Star da Pastoriza como xa sabedes para a que é a festa do fútbol lucense. Neste caso, poñemos a atención no partido masculino, no que gañaron por 2-0 o equipo conformado por xogadores da Preferente, da Terceira Futgal e, por primeira vez nas seis edicións deste evento, da Terceira RFEF. Todo quedou inmortalizado na cámara de Rober Carreira, unha das que fin de semana tras fin de semana recorre toda a provincia para que as estrelas do noso fútbol brillen como merecen.

O encontro do All-Star en imaxes