Kanu, UD Pastoricense: ‘Continúo co que me propuxeron a min hai moitos anos’

Martín Andión CostaKanu‘ leva toda unha vida vencellado ao seu club, a UD Pastoricense. Este curso foi un dos xogadores máis destacados do seu equipo e da súa categoría, con moito protagonismo sobre o verde e cinco goles. Eses datos servíronlle para estar convocado ao VI All Star Futbolinlugo, que terá lugar na súa casa, O Acebreiro.

Pastoriza abre as súas portas a Futbolinlugo e Kanu será o anfitirón perfecto para a gran festa do fútbol lucense. Home de club, con máis de quince temporadas de fútbol pastoricense nas súas botas e, desde este verán, presidente da UD Pastoricense. Falamos con el para coñecer as súas expectativas de cara ao evento deste sábado.

Futbolinlugo: Como se toma a decisión de asumir a presidencia do club?

Kanu: Para garantir a continuidade do equipo e que non desaparecera. A directiva anterior ía parar e eu penso que os xogadores me queren ben. Penso que asumir este rol podía influir na súa continuidade, en que todos quedasen con nós.

Futbolinlugo: Súmaste a un grupo de selectos do fútbol afeccionado… Xogador e presidente. Quédanche moitos anos de fútbol, dun xeito ou doutro.

Kanu: Mínimo catro de presidente (ri). Xogando a ver como vai sentíndose un…

Futbolinlugo: Que obxectivos ten a UD Pastoricense nesta nova etapa que se abre?

Kanu: A miña idea é devolver ao equipo á Primeira Futgal, onde tantos anos estivemos. Esa é a intención.

A UD Pastoricense leva na vida de Kanu desde que el tiña 15 anos

Futbolinlugo: E como se afronta xogar un All Star sendo presidente do club anfitrión?

Kanu: É un partido no que agardo pasalo ben, desfrutar do partido… que nos quede o recordo a todos.

Futbolinlugo: Tiveches ocasión de ver quen te acompañará na selección de Primeira e Segunda?

Kanu: Coñezo á maioría… aínda que coincidín tan só con Lorigados, cando xogou na UD. Pero si que me enfrentei a moitos deles e teño gañas do partido.

Futbolinlugo: E coñeces aos vosos adestradores?

Kanu: Si. De feito, Fiz chamou ás portas da miña casa para convidarme a unirme aos xuvenís da UD Pastoricense. Vaiche boa, tería eu 14 ou 15 anos. Daquela estaban formando o equipo xuvenil e viñan polas casas para animarnos. Agora voltámonos xuntar no All Star.

Futbolinlugo: Semella que esa historia está a evolucionar ben…

Kanu: Si, si. En certo modo, continuamos así o que me propuxeron a min hai tanto tempo.

kanu
O cadro da UD posa para a Guía FIL

Kanu, UD Pastoricense: ‘Continúo co que me propuxeron a min hai moitos anos’

Diario dun Mercado. Episodio 512