Diario dun mercado. Episodio 504

O mercado mantén un ritmo moi alto de movementos, con clubes que seguen a ser protagonistas nesta recta inicial e de novo con moita novidade na Mariña. Así, o Lourenzá incorpora ás súas filas a Jorge Alonso ‘Kun’. O extremo chega á Santa Cruz desde os xuvenís da SD Ribadeo. O Xove quere facer un equipo forte na Segunda e renova a Carlos e a Suis, mentres que o Iberia asinou ao técnico Roberto Ramallal para voltar á Primeira o antes posible. O preparador xa ascendeu na súa primeira etapa cos das Valgas.

Os veciños do Iberia tamén queren dar que falar nunha Segunda que se prevé igualadísima, de xeito que Rocky seguirá no Cascabeiro: é a terceira temporada do futbolista no Celta Barreiros. No Mondoñedo, o capitán Miguel Lorigados despídese logo de toda unha vida no cadro mindoniense.

Comeza a moverse o mercado do fútbol feminino

mercado
Héctor Expósito deixará o banco da Milagrosa a final de temporada

Na Terrá Cha, Fran Veiga continúa como adestrador do Muimenta. O técnico procurará o ascenso á Segunda Futgal logo de quedarse ás portas no seu primeiro ano. Ademais, para a 26/27 recupera ao habilidoso Martín Edrosa, que volta ás nosas terras logo do seu paso por Cataluña. Quen non seguirá no banco do Poste é Senén López, pois deixa o Rubián logo de sete temporadas e dous ascensos. O técnico incorporase á dinámica do Paradela, a onde chegará con vellos coñecidos do seu antigo equipo.

No fútbol feminino, dous adestradores despídense dos seus conxuntos. Rubén Candal pechou o seu ciclo á fronte do San Lázaro feminino, mentres que Héctor Expósito deixará de dirixir á Milagrosa ao rematar as dúas competicións nas que están inmersas as de Frigsa: a Copa e a promoción de ascenso.

Diario dun mercado. Episodio 504

Diario dun mercado. Episodio 504