Os Máxicos afrontan a recta final con igualdade total

Os Máxicos da fin de semana deixaron os pinchazos de Residencia, SD Chantada e Ribadeo, dos que se aproveitou o Monterroso. Na zona baixa, hai 9 equipos en 8 puntos.

A Residencia atáscase no derbi do Gorgoso (2-2). Logo dunha primeira metade de igualdade e tanteo entre Milagrosa e Residencia, un erro defensivo local traduciuse no 0-1 de Mauro. Era o 52′. Os albivermellos empataron case inmediatamente nun tiro de Juan desde 30 metros, pero Romy aproveitou un rexeite nunha falta para poñer o 1-2 no 61′. De novo a Milagrosa reaccionou ao instante cunha gran transición que supuxo o 2-2 definitivo, obra de Román.

O Foz atrasa o ascenso da SD Chantada (2-1). Unha indecisión na zaga visitante froito dos nervios permitiu que os Máxicos mariñáns anotasen o 1-0 e, desde ese momento, a SD fíxose co dominio do choque, aínda que as alternativas se sucederon —destacaron un envío au pau de Tino e un remate de cabeza de Asier—.

Migui empatou á saída dos vestiarios cun tiro desde a frontal logo dun man a man de Jorge, e os Máxicos chantadinos asediaron a portería focense con centros que o Foz defendeu ben. Unha gran xogada de Asier e Jorge, coa SD envorcada, traduciuse no 2-1. Na recta final, a zaga local evitou o gol visitante e deixou os puntos no Martínez Otero.

Os Máxicos do Xove manteñen unha dinámica espectacular

O Xove asalta o Arturo Pereiro (1-2). As primeiras oportunidades foron chairegas, pero Ibra aproveitou un balón ás costas para bater a Josema, 0-1. Non foi ata a segunda parte cando o Castro procurou a igualada, pero un Xove moi enchufado aproveitou unha transición para facer o 0-2. Muíña recurtou diferenzas á saída dun córner, pero non foi suficiente e os puntos foron para os Máxicos mariñáns.

O Taboada estrea adestrador e salva o matchball nas Valgas (0-2)
. O Taboada logrou neutralizar os balóns directos que enviaba o Iberia e, froito das segundas accións, castigou aos Máxicos mariñáns con balóns polos costados. Nunha acción desa natureza, Mosky aproveitou para facer o 0-1 xusto antes do descanso. Aínda así, os de Moro saíron renovados dos vestiarios e buscaron con insistencia o gol, pero os espazos que deixaron ás costas foron decisivos para que o Taboada fixese o 0-2 definitivo por medio de Gabri.

O Santaballés demostra máis fame que o Oural (4-1). A diferenza de intensidade traduciuse en dous goles moi rápidos, obra de Vérez e Dani Sam. Desde ese momento, os Máxicos chairegos xestionaron unha renda que ampliaron antes do descanso e, xa co 3-0, os segundos 45′ foron máis igualados e cada equipo aproveitou unha concesión defensiva do seu rival para facer un gol, 4-1 na Liga.

O Chantada Atlético supera ao Lourenzá nun duelo directo (1-0). Os Máxicos chantadinos comezaron mellor e tiveron varias oportunidades claras, pero o Lourenzá mellorou co paso dos minutos e enviou un balón á trave. Na segunda metade, porén, o Chantada Atlético deu un paso adiante e fixo o 1-0 cun balón ás costas. Co Lourenzá envorcado e con máis corazón que cabeza, os locais puideron ampliar a renda á contra, pero o marcador non se moveu e os puntos quedaron no Sangoñedo.

O Brollón supera ao filial do Antela (2-0). Os Máxicos locais foron mellores ao longo de todo o partido, aínda que a primeira metade foi máis trabada e igualada. No segundo tempo, Castañer desfixo a igualada con dous golazos que devolven aos dos Medos a unha boa dinámica para encarar a recta final do curso.

O Monterroso quere a segunda posición logo de vencer no Roca (2-3). Unha gran posta en escea dos Máxicos vermellos traduciuse no 0-2 en 25′. Primeiro Gabi culminou unha gran acción por banda e Sobrado fixo o 0-2 logo dunha gran conducción propia del. Gegun recurtou diferenzas antes do descanso logo dun roubo, pero xa no segundo tempo chegou o 1-3 (tamén de Sobrado) nun balón parado. Cando restaban dez minutos de xogo, o filial chairego transformou unha pena máxima para poñer emoción na recta final co 2-3 que sería definitivo.

O Outeiro saca un punto do Saviñao (2-2). Un despexe da zaga local traduciuse no 1-0 de Julio no primeiro minuto de xogo. Tras ese gol e dúas transicións locais con perigo, os Máxicos chairegos repuxéronse e fixeron o 1-1 no 15′ e o 1-2 no 25′ (Purri e Silva). Os Máxicos do Saviñao subiron o ritmo entón, pero non foi ata a reanudación cando Julio —de novo— aproveitou un erro visitante para poñer o 2-2. Os dous conxuntos, especialmente o Outeiro, tiveron opcións para anotar o terceiro, pero o electrónico non se moveu máis no Municipal.

Guntín e Ribadeo reparten os puntos sobre a bocina (1-1). Os Máxicos mariñáns dominaron o choque e puxeron as ocasións máis claras. Porén, a falta de efectividade pasoulles factura unha vez máis: despois de facer Bruno o 0-1 e errar numerosas ocasións claras sobre a meta local, o Guntín aproveitou un dos seus poucos achegamentos para empatar o partido no 87′, 1-1 no Ladairo.

máxicos