A Sarriana celebra a vitoria

A Sarriana pon toda a carne no asador

Despois de catro encontros nos que a fortuna non os acompañaba, a Sarriana acadou unha vitoria moi importante ante a UD Ourense. Non só no apartado clasificatorio, se non no enfoque de cara á loita pola permanencia. Outro equipo do Trío de Ases O Cantón que pon a directa é o Pol na Preferente, que xa acumula 13 puntos dos últimos 15 dispoñibles. Ademais, o Lemos suma o seu sexto partido consecutivo sen coñecer a vitoria e o Burela volve aos postos de descenso.

A Sarriana quere a permanencia

A Sarriana acadou a ansiada vitoria no derbi ante a UD Ourense por 3-1 nun encontro onde os de Dani Giménez se mostraron moi sólidos durante os noventa minutos. O equilibrio foi importante para facerse co encontro e demostrárono no minuto 10. Jacobo fixo un cambio de orientación para Millán, que a puxo rasa para que Edu abrise o marcador. Cos mesmos protagonistas e dunha forma semellante, o dianteiro faría o segundo tanto do encontro na media hora.

Os trocos que puxo Borja Fernández déronlle ás aos ourensáns e deron un paso cara adiante. Pese a iso, volveu ser a Sarriana quen puido facer daño. Tras un saque de banda, Boedo puxo un balón á área pequena, onde esperaba Arona para empurrar o balón para facer o cuarto. A UD Ourense non se rendiu e Youssef recortou distancias no 81 e Migui tivo o gol en dúas ocasións, pero Edu tamén estivo preto de volver a marcar.

O Pol mantense na cresta da onda

Non hai quen frene a este Pol nos últimos encontros. A vitoria ante o Betanzos por 2-1 consolídao como un dos equipos máis en forma do campionato grazas a que suma 13 dos últimos 15 puntos. O encontro non comezou da mellor forma, xa que no minuto 10 o Betanzos firmaría o seu tanto por obra de Raúl Pita. O Pol non atopaba a forma de conseguir atacar, pero non foi ata que chegou a segunda parte cando conseguiron reaccionar.

Os de Labrada amedrentaron ao seu rival con xogo ofensivo e cada vez foron máis cara arriba. Foi no último cuarto de hora onde lle deron a volta á tortilla. Todo comezou cun penalti que forzou Diego Rey e que convertiu Cuadrado. Só seis minutos despois, Marco finiquitou o encontro poñendo o 2-1 final. Con esta vitoria, o Pol xa se pon no oitavo posto con catro puntos de vantaxe sobre o descenso e a seis do play off, o que fala da igualdade da categoría.

Pequenos pasos cara atrás

O Lemos suma o seu sexto encontro sin coñecer a vitoria tras empatar co Moaña por 1-1. O encontro comezou de forma idílica, xa que dominaron nos primeiros minutos e incluso abriron o marcador cun tanto de Guitián a pase de Youness. Un penalti que transformou Marcos no minuto 31 trocaría o encontro, xa que os monfortinos perderon o control do balón. Pese a que tiveron oportunidades para facer o segundo, os de Edu Rodríguez só puideron sumar un punto.

O Burela, pola súa parte, volve aos postos de descenso tras caer por 3-0 ante O Val. Tras unha parte que foi igualada, onde os de Oke intentaron danar nas transicións, na segunda os locais conseguiron facer o primeiro tanto tras unha pérda que aproveitan nun saque de esquina que marca Álex Casteleiro. A falta de dez minutos, o mesmo xogador sentenciaría o encontro co segundo tanto e Álex Alonso poñería o terceiro gol no marcador.

E os da Terceira?

Con motivo da fase final nacional da Regions Cup, a Terceira RFEF non disputou a xornada que correspondía. Houbo representación lucense nesta fase, con Cadra, Ayoub e Adri Lombao, pero a prórroga ante as Illas Canarias non deron o resultado desexado e o combinado galego non poderá ir á fase europea para loitar polo bicampeonato. A competición voltará na próxima fin de semana e xa non terá ningún parón.

A Sarriana pon toda a carne no asador

A Sarriana pon toda a carne no