#Sin categoría

Javi Álvarez (Mondoñedo): «Desfilaba en Lourenzá e marchei correndo para celebrar o ascenso»

Javi Álvarez, do Mondoñedo

O Mondoñedo foi o primeiro equipo da provincia que conseguiu sumar un ascenso nesta tempada. Foi en diferido, xa que a derrota do Muimenta ante o Abadín propiciouno tras gañar ao Celeiro Club del Mar o sábado. Un acto de moito traballo colectivo que deu os seus froitos por completo, e incluso antes de tempo. O ascenso era un obxectivo que estaba continuamente na cabeza do equipo, pero tamén o é o título do Grupo Norte da Terceira Futgal, e iso aínda teñen que pechalo.

Un dos homes importantes nese ascenso foi o seu dianteiro, Javi Álvarez. É o máximo goleador do grupo con 15 tantos en 16 encontros, no que está a ser unha das súas mellores tempadas individuais. O atacante pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Juan Carlos Rodríguez, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do ascenso, da celebración e da súa tempada individual

Entrevista a Javi Álvarez do Mondoñedo

O sentimento do ascenso: «Foi algo raro porque era o entroido en Lourenzá e desfilaba. Cando comezamos gañaba o Abadín e cando rematamos marchei correndo a celebralo en Mondoñedo. Foi un bo vermú e un bo after. Levo cinco anos no Mondoñedo, pero sendo de Lourenzá tiven moitos vaciles dos meus amigos. Non estaba moi atento ata que un compañeiro nos ía comentando o resultado».

Tempada individual e obxectivo: «Non a esperaba tan fructífera. Sabía que tiñamos un bon equipo pero non que ía estar nun gol por partido. O ascenso era o obxectivo de toda a tempada, queríamos volver o antes posible e ir a gañar a Liga».

Celebración: «Gardamos cousas de festa para cando pechemos o título. Falta fai, porque foi algo descafeinada. Eramos poucos, pero parecía feito a propósito porque deixaron a tarima do desfile de entroido de Mondoñedo do día anterior».

Javi Álvarez (Mondoñedo): «Desfilaba en Lourenzá e marchei correndo para celebrar o ascenso»

Un derbi para trocar a mala xeira