O Sanci respira coa primeira vitoria

O Sanci por fin puido celebrar un triunfo neste curso. Na xornada 10, o Sanci logrou os primeiros +3, aínda por riba ante un rival directo como o Castroverde.

Despois de 1/3 de competición, as posicións vanse poñendo en liña cos obxectivos que cada equipo marcará de aquí ao final de temporada. O Riotorto e o San Roque tratarán de ascender, por iso acaban de volver aos seus respectivos primeiros postos. Contámolo en #ONoso11AChaira.

O Riotorto volve ao liderado

Logo de ser líder en solitario na segunda xornada, o club riotortense recupera a primeira praza. Suma 23 puntos, un máis que o Folgueiro e dous máis que o Goiriz. Vén de lograr a sétima vitoria da temporada nun partido de doce goles ante o Matela (4-8). 

Nos últimos dous partidos o Matela marcou sete tantos, pero en cambio non logrou ningún punto. A pasada finde tamén quedou deslucido o hat-trick de Jorge, xa que o Riotorto amosou toda a súa pegada para impoñerse no campo situado na parroquia de San Lourenzo de Aguiar. 

Na primeira parte houbo resposta continua dun e doutro equipo. Jorge puxo por diante ao Matela nos primeiros minutos. Mediado o primeiro acto, empatou Pedro Pernas para o Riotorto. En 20 minutos houbo seis goles. Óscar, Echavarri e Manu Carreira marcaron para os visitantes e Pablo Porto e Jorge para os locais. Ao descanso: 3-4.

Na segunda metade, Yerai anotou o quinto ao pouco de volver os vestiarios. Con todo, Jorge nunha gran xogada individual marcou o cuarto para os seus e o terceiro na súa conta particular. A partir da hora de xogo, o esforzo físico custoulle caro ao Matela. Yerai, Manu Carreira e cara o final, noutra gran xogada individual, Echavarri luciuse para pechar o marcador. 

O Folgueiro mantense invicto

Deixou o liderado, pero o club do Vicedo non perde nas dez xornadas que van de liga. Igualou no Cascabeiro ante o Celta Barreiros (1-1) nun encontro no que quedou cun xogador menos no primeiro tempo pola expulsión de Sergi Delgado. 

O Celta Barreiros queda con 15 puntos na zona media da táboa (8º). A segunda posición, que dá acceso a xogar a promoción de ascenso, está nestes momentos a sete puntos. 

Encontro igualado con chegadas por parte dos dous equipos no primeiro tempo. A expulsión xusto antes do descanso condicionou aos locais. 

A volta dos vestiarios o Celta Barreiros buscou o gol. Chegou nun bo contragolpe no que marcou Antón. Non baixou os brazos o Folgueiro nin cun menos, xa que en menos de dez minutos Iago García logrou a igualada. A partir de aí, ambos conxuntos tiveron algunha opción para lograr os tres puntos. 

O Goiriz e o Meira manteñen a boa xeira

Son dous dos equipos máis en forma do grupo. O Goiriz presentábase ante a súa xente con cinco partidos sen perder e sen conceder ningunha derrota no Ventiño. O Meira acumulaba cinco vitorias consecutivas. Ambos seguen con bos números ao empatar (1-1). 

O Goiriz é 3º con 21 puntos, mentres que o Meira queda na 5ª posición con 18 puntos. 

Os dous equipos estiveron moi parellos e con alternativas ao longo do partido. Os locais tiveron máis ocasións no primeiro tempo. 

No segundo acto, o Meira avisou e logo marcou á media hora de xogo por medio de Erik. O Goiriz non se rendeu e logrou o empate por medio de Nico Santomé. Noveno gol da temporada para o vilalbés. 

Fose cal fose o resultado, o Goiriz ía celebralo igual e así o fixo. Magosto coa afección para facer unión. 

O Alfoz vence no derbi coa Candelaria

O equipo alfocense fíxose co duelo de proximidade na Rúa (1-3). A quinta vitoria do curso permítelle seguir na zona alta con 19 puntos, a catro do líder. Pola súa parte, a Candelaria ocupa a 11ª posición con 13 puntos, catro máis que o Pontenova que o equipo que ten por detrás. 

O Alfoz encamiñou o encontro rápido. Os xogadores adestrados por Javi Chinchón saíron moi metidos no encontro e Dani Jiménez marcou o primeiro aos tres minutos de xogo. Ao cuarto de hora, Lorigados anotou o segundo. 

Antes do tempo de lecer, o encontro quedou practicamente sentenciado con dúas accións. Primeiro, pola expulsión de Valdo, ex xogador do Alfoz; logo por outro gol de Dani Jiménez. 

No segundo tempo, os locais realizaron un bo traballo e lograron un tanto, o do seu goleador de referencia, Manu Martínez. Leva 11 no que vai de liga. Tentárono enviando balóns a área rival, mentres que o Alfoz tratou de marcar máis goles correndo ao espazo.

 

Quinto triunfo para o Pastoricense

O Pastoricense acumula 17 puntos tras vencer pola mínima ao Casás (1-0). A quinta vitoria da tempada sitúao na 7ª praza, a seis do liderado. O Casás cortou a súa xeira de dúas vitorias seguidas e fica con 8 puntos na 13ª posición.

Os locais adiantáronse xa no primeiro tempo. Logo de varias chegadas, o dianteiro Dani marcou a saída dun saque de esquina. Xusto antes do descanso, o gardamallas visitante Rulo parou un penalti para manter os seus cunha diferenza mínima. 

Na segunda metade, o Casás tratou de xerar perigo mediante o balón parado. Mentres tanto, o Pastoricense puido sentenciar a balón parado con claras ocasións de Fran e Manel. 

O Sporting Pontenova corta a xeira de derrotas cun punto ante o Xermade

O Sporting Pontenova fixo un gran partido ante o Xermade, aínda que estivo condicionado por un mal inicio (2-2). Logo de catro derrotas seguidas, o punto permítelle acumular 9 e situarse na 12ª praza. Iso si, cinco menos que o seu rival, un Xermade que é 9º con 14 puntos.

Ao descanso os locais perdían 0-2, tras marcar Anxo nada máis empezar e logo David Ginzo en propia porta. 

No segundo tempo, o encontro xogouse no campo rival. Marcos e Óscar Amor empataron. Con todo, o Xermade puido conseguir os tres puntos nos últimos intres. Aí apareceu Sergio Caramés, afeito a realizar outras funcións dentro da área, xogou de porteiro e parou un penalti o cadro rival.

O Guitiriz faise valer en Cabreiros

O conxunto guitiricense logrou un gran triunfo ante o Cabreiros (1-4). Terceiro +3 da temporada que lle permite igualar co Xermade na zona media da táboa. O Cabreiros é 6º con 18 puntos. 

Non foi un gran partido dos locais, que, a pesar de manter un certo nivel defensivo, encaixaron catro goles. O Guitiriz atopouse ben con balón e apertaron ben arriba. Ao descanso marcharon gañando por un gol de Labrada. 

No segundo tempo, Labrada sentenciou o partido con dous remates de cabeza en tres minutos. Hat-trick e sete goles no curso para o dianteiro guitiricense. 

Os locais lograron un tanto por medio de Chema, que marcou de penalti. Pero non tivo opcións de achegarse máis no marcador porque os visitantes marcaron o cuarto, tamén de penalti, autoría de Diego ‘Tanke’.

O Sanci gaña por primeira vez no curso

A primeira vitoria do curso para o Sanci chega a tempo. Tanto, que os tres puntos permítironlle saír do descenso. Gañou 2-1 ante o Castroverde, rival directo nestes momentos pola salvación. Os locais son antepenúltimos con catro puntos, un máis que o seu rival.

O equipo do que tomou as rendas Félix Martins adiantouse cedo no marcador. Nun rexeite, Aleixo anotou. O gol deulle ás ao Sanci que foi superarior ata o último tramo do primeiro tempo.

O Castroverde foi de menos a máis e comezou a xerar as súas oportunidades. Con todo, Balsa marcou o segundo para os locais. A partir de aí, o Castroverde tivo ocasións para marcar, mentres o Sanci desaproveitou algunha que outra ao contragolpe. Antes do 90, Gelo acurtou diferenzas e os seus intentárono ata o final sen premio.

O San Roque volve ao liderado

O cadro preparado por Piru volve ao primeiro posto catro xornadas despois. Impúxose no derbi ante o San Lázaro (0-1). Suma sete vitorias e 23 puntos, un máis que o Becerreá e o Santa Comba. O San Lázaro, que chegaba no seu mellor momento da tempada, fica na 13ª posición con 8 puntos. 

O San Roque costoulle levar o peso do partido con balón, pero foron capaces de xerar varias ocasións. O San Lázaro, ben ordeado, tivo algún achegamento. 

O único tanto do encontro chegou na segunda metade por medio de Jul nun bo remate de cabeza. Ante un resultado tan curto, na recta final, os locais tentaron a igualada por medio do balón parado. 

Segunda derrota da temporada do Becerreá

Os pupilos adestrados por Javi Gómez quedan a un punto do líder, logo de perder co Portomarín (1-3). Están na única praza que dá acceso a xogar o play off, pero igualados co Santa Comba. Con oito puntos menos está o Portomarín na zona media da táboa. Iso si, acumula oito partidos sen perder. 

O cadro visitante tomou vantaxe cedo. Primeiro nun pase de Arturo, que Bilal rematou de primeiras coa perna esquerda. Logo, Varo presiona ao porteiro rival Dani Pérez, róuballe a pelota, caneao e marca o segundo. 

Cando o Becerreá saíu mellor no segundo tempo, atopou cun bo Adri González baixo paus. A lesión de Borja, último cambio local, tamén condicionou a súa reacción. Bilalba aproveitou para sentenciar e Xairo marcou para o Becerreá na recta final. 

Sétimo partido seguido sen perder do Santa Comba

Os tres equipos clasificados nas tres primeiras posicións teñen o mesmo número de vitorias: 7. O Santa Comba conseguiuna no Gandarón por 1-4 ante o Paradela. Os locais son 12º con 9 puntos. 

O Santa Comba dominou moi ben as áreas, aínda que lle custou dominar no resto do campo. No primeiro tempo non houbo grandes ocasións. Na segunda parte, un penalti puxo en vantaxe ao Santa Comba por medio de Núñez. 

Os visitantes aproveitaron as súas transicións ofesnvias, ante un Paradela que foi na búsqueda dun resultado positivo. Núñez anotou o seu dobrete antes do minuto 70. Logo Losada, meteu aos seus no resultado cun tanto de penalti. Con todo, a intenciou durou pouco, xa que os dous minutos Caillou logrou o terceiro para o Santa Comba. Nos últimos instantes, Jano marcou o cuarto. 

O Monterroso supera a Sarriana no duelo de filiais

O Monterroso B mantense na zona alta tras lograr a quinta vitoria da campaña ante a Sarriana B (4-3). Está a cinco puntos do líder e ten un partido pendente de xogar. O filial da Ribela queda a beira do descenso directo con 7 puntos e cinco xornadas seguidas sen gañar.

Os locais saíron mellor na primeira metade, xerando moitas ocasións. Nunha boa xogada colectiva, Yoni marcou o primeiro. A Sarriana B foi de menos a máis. Logrou empatar cun disparo dende lonxe de Daniel Vázquez. 

No segundo tempo, os visitantes gozaron dde bos minutos e foron capaces de poñerse dúas veces por diante. Primeiro, Xoel marcou o segundo. Isma Varela logrou o empate para os locais, pero en nada, Javi anotou o terceiro para a Sarriana B. 

Foron uns minutos de moitos acontecementos nos que o filial sarriao quedou cun menos pola expulsión de Nico. O empate local chegou moi rápido con outro tanto de Isma. Máis tarde, Yoni logrou o seu segundo gol, que significou a vitoria do filial monterrosino. 

Dura derrota do Friol no regreso de Martín

O Lemos B ten na casa o seu fortín. Suma dous empates e tres triunfos no que vai de competición regular. A última con claridade ante o Friol (6-1). Non lle saíron as cousas ao Friol no regreso de Martín Rodríguez ao banco logo da saída de Brais Vázquez. Fica con cinco puntos na última posición da clasificación. 

Saíu ben o cadro friolés, pero só puido aguantar media hora o empate ante un gran Lemos B. A media hora, David Díaz adiantou aos seus por medio dun penalti. Ao pouco, Dani Blanco logrou o segundo. 

Logo do paso polos vestiarios, o filial lemista dominou o xogo e goleou ao rival. Adrián e outro de Dani Blanco levaron a diferenza a catro goles. Marcos recurtou distancias para o Friol, pero Adri Cereijo volveunas ampliar e, de seguido, Pallín redondeou co sexto. 

O Ferreira mira cara arriba ao superar ao Antas

O Ferreira venceu ao Antas (2-0) e sitúase a dous puntos do seu rival. É sétimo, a oito puntos do liderado.

O Ferreira dominou no primeiro tempo e xerou máis ocasións, pero non marcou. O Antas comezou mellor logo do paso polos vestiarios. Con todo, o Ferreira impúxose tras marcar o primeiro gol Fagín. Os locais volveron controlar o tempo do partido e Toto anotou o segundo. 

Empate a cero entre dous dos equipos que menos encaixan 

O Palas e o Páramo non marcaron (0-0) e polo tanto tampouco encaixaron. O Palas (11) e o O Páramo (12) son os equipos menos imbatidos despois do Becerreá e do Monterroso B.

Sen grandes ocasións na primeira metade, O Páramo dominou máis no primeiro tempo. No segundo acto, os locais impuxéronse e gozaron de ocasións. No último tramo, os visitantes acabaron na área rival con dúas opcións de gol claras. 

O Chantada B mantén a distancia co Sober

Tres puntos entre Chantada B e Sober (1-1), que quedan 10º e 15º respectivamente. O cadro soberino segue sen perder en Centeás, unha vitoria e un empate na liga.

Encontro igualado en Centeás, tras un bo inicio do filial chantadés que se puxo por diante ao pouco de empezar. Un tiro abaixo de longa distancia de Martín permitiulle aos locais igualar o resultado.

No segundo acto, o encontro estivo moi vivo con ocasións para ambos os conxuntos.

O Sanci respira coa primeira vitoria

O PM Friol aproveita o pinchazo do

O Sanci respira coa primeira vitoria

O Sanci respira coa primeira vitoria

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *