Vérez, do Rácing Villalbés

David Vérez (Racing Villalbés): «É moi gratificante recibir tanto cariño»

O Rácing Villalbés venceu ao Noia na pasada xornada da Terceira RFEF, pero o resultado non foi a única vitoria do encontro. De feito, foi a menos valiosa por moito que fose a primeira da tempada. Tras 539 días desde a súa última aparición nos terreos de xogo, David Vérez, un dos capitáns do conxunto chairego, entrou no desconto para voltar a disputar un encontro. Coas pantasmas das lesións xa fora, todo foi emoción e cariño para todo o fútbol lucense.

Un regreso moi importante para o Racing Villalbés e os seus afeccionados que lle dá moito aos plans de Juan Rodríguez. O futbolista pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do regreso, a recuperación e todas as mensaxes de cariño recibidas nos últimos días.

Entrevista a David Vérez do Racing Villalbés

Sentimentos ao regresar: «Sentín moita ilusión. Volver co equipo do son afeccionado fíxome sentir moi contento. Sobre todo, por todos os que me apoiaron ao longo deste tempo e que esperaban con ganas este momento».

Recuperación: «Foi unha montaña rusa. Estas operacións teñen un proceso moi longo e despois tiven unha recaída que me fixo tardar moito máis. Moitos momentos de ledicia e outros moi duros. Desde a pretempada sentínme moito mellor e xa a puidemos culminar. A persona que máis me axudou foi a miña moza, que estivo sempre nos momentos bos e malos. Tamén todos os fisios e preparadores físicos, amigos e familiares».

Liderazgo: «É moi distinto levar a capitanía cunha lesión, pero sempre fun parte do grupo do Rácing Villalbés e loitei ao seu carón. Iso fíxome seguir mirando cara adiante».

Mensaxes de cariño: «A verdade é que é moi gratificante recibir todas as mensaxes que me enviaron. Estou moi agradecido por todo o cariño».

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *