O Mercado estivo moi activo ao longo dunha fin de semana de moitas festas na provincia. No novo Diario dun Mercado de Futbolinlugo, os equipos lucenses son capaces de aumentar aínda máis o ritmo dos reforzos que se están realizando en proxectos que cada vez están máis preto de pecharse. A ilusión vaise despertando con equipos que plantexan continuidades de alta importancia e fichaxes que aumentan o nivel de cadros que prometen loitar por todo.
A Primeira non para de moverse
O equipo que tivo un maior índice de actividade nesta xornada de mercado foi o Castro. Primeiro cunha marcha, a de Marco Méndez ao Pol para regresar á Preferente. Pero suman máis novas pezas coas renovacións de Dani Montes e Iván Leas e a fichaxe de Alonso, extremo procedente do Meira, e de Adrián Cadenas, procedente do Pastoricense. O Atlético Escairón continúa a preparar o seu intento de volta á Preferente, que comandará Omar Gómez como novo adestrador. A pasada temporada comezouna no banquiño do Riotorto para rematar no propio Escairón como segundo de Brais Prados.
A Mariña Lucense sigue sendo territorio hostil neste mercado con un forte intercambio entre os equipos da zona. Os que pescan nos seus veciños esta vez son dous. O Foz ficha a Bruno, procedente do San Ciprián, e o Celta Barreiros ficha a Jonatan Da Silva ‘Jota’, extremo procedente do Burela xuvenil. Tamén logran a renovación do seu gran piar defensivo Brais, que foi o xogador con máis minutos ao longo da tempada pasada.
O Mercado depara regresos a categorías
Algún dos grandes nomes da provincia regresa neste mercado a unha categoría superior da que estaban. O All Star Pedro Delgado continúa no Céltiga e volverá xogar na Terceira RFEF. O chantadés, que pode xogar de central ou mediocentro, acumula tres tempadas seguidas no equipo da Illa de Arousa. Xa xogara co Céltiga en Terceira, ademais de co Polvorín, o Somozas, o Ourense CF, o Racing Villalbés e o Arzúa.


En toda a provincia houbo grandes movementos. No Folgueiro, as renovacións continuan con Adrián, Ladra, Erni e Lalas permanecendo no proxecto un ano máis. Outro dos que se mantén no seu equipo e David Fernández no Sober. Outra renovación produciuse no Catro Roldas con Dani Paz, que vivirá a súa segunda tempada no conxunto chairego. Por último, un dos grandes retornos estará no Sporting Pontenova con Hugo Méndez, que volve despois do seu paso polo fútbol sala nas filas do Trabada.
