#Fútbol afeccionado #Feminino

O Antas ascende, pero quere o título

O Antas, equipo ascendido á Primeira Futgal feminina

O Antas conseguiu o ascenso á Primeira Futgal do fútbol feminino tras conseguir a vitoria ante o Porriño Industrial por 4-0, o que lles asegura ser o mellor terceiro da competición pase o que pase na última xornada da tempada, na que se medirán ao San Roque Casablanca. De feito, o gañador dese encontro proclamarase campión de liga, o que para as xogadoras do conxunto que dirixe Dani Abelairas sería a guinda para unha tempada para o recordo.

Un recorrido soñado

A tempada das de Daniel Abelairas, técnico ao que podedes elixir para o All-Star Futbolinlugo, entra nos libros de historia da institución polo obxectivo cumplido. Pero o trascurso do Antas ao longo deste curso foi excelso. Os 76 goles a favor do conxunto lucense foron unha mostra da súa efectividade, sobre todo cun nome que resalta sobre todos, Jenny García. A dianteira firmou 37 goles nos 27 encontros que disputou nesta tempada, o que a ubica como segunda na lista de máximas goleadoras.

Pero sen dúbidas un dos froitos do éxito do Antas ao longo desta tempada ven na parte de atrás do campo. As lucenses son o equipo menos goleado de toda a competición con só 19 tantos encaixados en todo o ano. Doce porterías imbatidas son o froito dun gran traballo de equipo e son a mostra de que un bon ataque comeza cunha boa defensa.

Un final por decidir para o Antas

Pero inda falta un último paso para que a tempada do Antas ascenda as cotas máis altas da historia do clube. Na última xornada, batiránse ao San Roque Casblanca este domingo a partir das 19.00 horas. Agora mesmo as lucenses son segundas a un punto das súas rivais no encontro, polo que para conseguir o título do grupo 2 da Segunda Futgal o único que lles vale e conseguir unha vitoria fóra da casa que tería moito máis valor que o ouro.



En fronte terán ao equipo que máis a proba pon ás defensas rivais, xa que no que levamos de tempada, o San Roque Casablanca foron quen de anotar 132 goles, un promedio de case cinco goles por encontro. Pero o Antas xa foi quen de vencer na ida e ademais con autoridade, cunha vitoria por 3-0 no primeiro partido do ano 2025. Unha gran batalla para que as lucenses consigan o campionato.

O Antas ascende, pero quere o título

A batalla final da Segunda Futgal

O Antas ascende, pero quere o título

A honra do Cospeito e as dotes

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *