O Castroverde volve á Segunda Futgal
-
- 0
- 3min de lectura
O Castroverde firmou tras vencer ao Celeiro Club del Mar por 7-0 na penúltima xornada do grupo norte da Terceira Futgal o seu ascenso de forma directa. Hai sete tempadas que o clube lucense non está na categoría a que acaba de acceder nun ano no que chegaron a firmar catorce victorias consecutivas, xeira que o converteu no equipo máis en forma de Galicia, que acabaron sendo decisivas para lograr o ascenso. Os de Iago Núñez firmaron o segundo posto que otorga a liga tras o ascenso do Goiriz de hai algunhas xornadas.
O Castroverde sudou tinta para acadar o ascenso directo nas últimas xornadas. O adestrador do clube, Iago Núñez, afirmou que «sobre todo contra o Cazás, que era o día que tiñamos que gañar nun campo moi complicado con moita xente que veu ao encontro, a derrota fixo que se complicase moito o ascenso». O ascenso pechouse nun encontro «atípico» no que o Celeiro «chegou moi mermado e foi malo para todos. Xogarse o ascenso así é moi raro».
Pero houbo un punto de inflexión importante na tempada do Castroverde. Unha xeira de catorce partidos gañados elevou ao equipo cara ao ascenso, inda que Iago Núñez destaca que «inda cas catorce victorias consecutivas inda así o Cazás púxose a catro puntos. Hai veces que non se lle dá o valor que ten a acadar un ascenso, pero a nosa tempada foi complicada. A xeira foi a gran chave da tempada, pero non foi determinante porque foi unha distancia axustada».
O ascenso chega despois de sete anos de loita continua do Castroverde onde o ascenso escapouse en varias ocasións. Algo que fai que Iago Núñez valore moito máis o acadado. «O último ascenso que tivemos hai oito tempadas todo o mundo o daba por feito e o Portomarín e o Monterroso hai oito anos complicáronnos moito a vida. Goiriz, que ascendeu hai dúas semanas, tivo moitas complicacións para conseguilo e pola súa gran calidade. E tamén a nós escapóusenos varias veces na promoción«.
Pero esa loita fixo que o ascenso tivera outro sabor, sobre todo pola gran afluencia que houbo no encontro. «Foi moi bonito porque nos quince anos que levo alí foi no que o campo estaba máis cheo. Foi especial porque case todos somos de Castroverde, nas escolas adestra Richard e todo o pobo estaba no campo. A gran parte do grupo leva sete anos buscando o ascenso e sempre se nos escapaba por pequenas cousas«, destaca Núñez.