Futbolinlugo estrea o seu X aniversario con nova web

Hoxe é o primeiro día do décimo ano de Futbolinlugo. Aquela toleada iniciada no verán de 2015, verá este ano o seu X aniversario. Por iso este 2025 será moi especial para esta casa e contaremos con varias accións e novidades que non vos deixarán indiferentes.

En próximas datas anunciaremos as diferentes actividades sociais deste 2025. Onde será o V All Star Futbolinlugo?

A primeira delas chega esta noite coa estrea da nova web. Un espazo moito máis rápido, intuitivo, funcional e accesible. No que levamos a cabo unha reorganización de categorías e contidos para mellorar a vosa experiencia de usuario en función das demandas e necesidades detectadas. Salientando o aumento de peso que ten toda o noso labor social no propio mundo de Internet.

Non son as únicas novidades. Agora poderedes ler os nosos artigos en modo diurno ou nocturno. E, sobre todo, a publicidade non será un problema. O significativo aumento de patrocinadores nos últimos anos, sobresaturou a web de ‘banners’. O cal reestruturamos e axustamos neste novo redeseño. Moderno e actualizado!

Un traballo de moitas horas realizado por un dos referentes no sector informático, InFouz. Unha empresa tan moza como contrastada. E garantía de calidade no mundo do código binario. Agardemos que vos guste! Isto é solo o inicio!



máxicos

Futbolinlugo estrea o seu X aniversario con nova web

Jorge Pereira, Residencia: «A 1ª é unha

Futbolinlugo estrea o seu X aniversario con nova web

O Iberia emula ao Guitiriz 7 anos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *