Cantarrana tivo unha alegría despois dunha semana moi complicada. Trala dimisión de Germán Amil, Manuel Vicente López (o seu segundo) asumiu os mandos de maneira provisional. Cumpliu á perfección. Goleada e reconciliación coa afección. Iso sí, él non seguirá coma técnico. Hoxe ou mañá coñeceremos ao próximo adestrador da nave celeste. Nas quinielas aparece moi ben posicionado Emilio Rosanes, porén existen máis candidatos.
No resto da Preferente, o Polvorín volveu gañar no complicado feudo do Dumbría. E sí, Cuadrado volveu marcar. E Luis Díaz deu un auténtico recital. Aproveitaron así o favorciño que lles fixo o Atlético Escairón, que empatou na casa ante o líder Paiosaco. Partidazo dos de Anxo Valcárcel. E outro que está arriba, sen facer moito ruído, é o Castro. Catro tantos ante o Ordes na primeira metade, con doblete de Joao incluído. Ao igual que o Ribadeo, que superou sen atrancos ao Dubra no Pepe Barrera.
Ademais, a Residencia ofreceu unha boa imaxe en Arzúa, onde caeu. E o Outeiro desperdiciou un 0-2 a favor ante o San Tirso. O doblete de Vizoso quedou en moi pouco ante un rival que non se mostrou superior. Por último, o Racing Villalbés goleou a un combativo Noia a domicilio.