#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 408

Comezamos este novo diario cunha boa nova para un adestrador lucense. O pastoricense Fiz Rodríguez será o adestrador do xuvenil A da SD Compostela, conxunto que milita na División de Honra. O técnico ven de acadar o ascenso na última campaña co conxunto cadete do cadro santiagués.

A Terceira RFEF é a categoría que acumula máis novidades ata o momento. O Racing Vilalbés asinou a renovación dos xemelgos Varela. Javi e Jose seguirán unha temporada máis sendo xogadores referenciais no conxunto chairego. Canda eles estará Borja Míguez, un dos killers da categoría nos últimos anos. O fillo do adestrador Luisito chega procedente do Arousa, conxunto co que pelexou polo ascenso a Segunda RFEF. É a cuarta fichaxe dos chairegos tras os anuncios de Fito, Martín e Asier.

A Sarriana renovou a Javi Liz, un dos seus capitáns. O gardameta cumprirá a súa quinta temporada na Ribela logo de protagonizar un ano no que tamén xogou coa selección galega de afeccionados. No Viveiro seguirá o central Diego, según adiantou La Voz de Galicia. O de Guntín foi un dos fixos nas alineacións do cadro celeste.

Na Residencia non estará no seu proxecto en Primeira Galicia o polivalente Sergio. O futbolista pon fin así a súa traxectoria no cadro da Cheda. O San Lázaro poderá volver a contar con Nico Longhini. O adestrador xa tiña apalabrada a súa continuidade co conxunto capitalino antes de acadar o ascenso de categoría. Ás súas ordes estará o central Yeray Bao, que retorna ao club logo do seu paso polo Outeiro de Rei. Precisamente no Outeiro xogará o centrocampista Saúl Pérez, que chega ao Municipal procedente do Guitiriz.



O ex do Guntín, Martín Novo, será o novo adestrador do Friol, conxunto que vén de xogar a promoción de ascenso a Primeira Galicia.



Diario dun mercado. Episodio 408

Diario dun mercado. Episodio 407

Diario dun mercado. Episodio 408

Marcos despídese do fútbol no Anxo Carro

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *