#Entrevistas #Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Diego López: «Faltounos ser máis regulares e materializar goles»

O domingo pasado o Racing Villalbés puxo fin á súa tempada na Segunda RFEF. E coa derrota ante o Pontevedra en Pasarón, tamén o fixo á sua breve andadura nesta categoría estatal. Unha campaña para o recordo cun desenlace amargo. E que quixemos analizar co capitán do emblemático club vilalbés, Diego López.

O defensa chairego atendeu os micrófonos do Ser Deportivos Lugo, onde respostou en profundidade ás preguntas formuladas polo presentador Álex Gato e o noso redactor Diego Díaz. O audio completo podedes escoitalo aquí.

O capitán do Racing Villalbés falou desa frenética última xornada e da tempada do club chairego en xeral. Analizamos virtudes e defectos do cadro de Simón Lamas ao tempo que quixemos saber sobre o futuro próximo de Diego López.

O final menos desexado. «Vivímolo con moita intensidade e nerviosismo. O resultado foi algo amargo para todos. Agora estamos asimilando o que foi todo o ano. Pero temos que estar orgullosos do que fixemos, do que loitamos. Levamos o nome do Racing Club Villalbés por España adiante, iso foi un éxito».

López, nun partido co seu Racing Villalbés na antiga Terceira División

Unha última xornada de infarto. «Tiñamos que gañar si ou si ao Pontevedra na súa casa, non dependiamos de nós mesmos. Afrontamos o partido con moitas ganas e intensidade. Con algo de nerviosismo tamén. Iso fixo que o Pontevedra se adiantara moi rápido no marcador. Púxose todo costa arriba. Logo non se deron xa nin os resultados dos rivais… Foi unha fin de semana tristura, que empañou o que foi toda a temporada. Loitamos durante todo o ano ante grandes rivais. Hai que levantarse e seguir loitando, o de loitar sempre o fixo o Racing Villalbés».

Que lle faltou ao Racing Villalbés para salvarse? «O que nos faltou foi ser máis regulares, sobre todo na segunda parte da temporada. Fixemos unha primeira volta moi boa. Na segunda, custounos moito materializar goles. Faltounos e penalizounos moito, especialmente na casa contra rivais que podiamos gañar perfectamente».

máxicos acebreiro

Virtudes e defectos. «Creo que fixemos moitas cousas ben e das cales podemos estar orgullosos. Tiñamos unha defensa moi férrea. Aos rivales custáballes facernos ocasións e goles. Iso axudounos a manternos vivos en todos os partidos. Pero si tu non eres capaz de marcar goles, non vas poder sumar de tres en tres. Fixemos moitas cousas ben pero noutras non nos chegou para manter a categoría».

Capitaneará Diego López ao Racing Villalbés no regreso á Terceira RFEF? «Non o sei, estou dándolle voltas á cabeza e asimilando todo este ano. Xa teño unha idade e cada vez me custa máis seguir o ritmo de adestramentos e horarios. Teño o meu traballo e tiven que compaxinar. Este foi un ano moi duro e sacrificado. Agora quero refrescar a mente e o corpo. A primeira opción de todas sempre vai ser o Racing Villalbés. Pero quero pensar as cousas con máis calma e ver todas as opcións. Nas próximas semanas falarei coa directiva e chegaremos a unha decisión».

Diego López: «Faltounos ser máis regulares e materializar goles»

O ascenso máis especial no Acebreiro

Diego López: «Faltounos ser máis regulares e materializar goles»

Só un milagre salvaría a Residencia e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *