#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

A Sarriana, moi preto de acadar o billete para o play off

Non puidemos celebrar o pleno de vitorias neste Trío de Ases O Cantón intersemanal. A xornada de Terceira RFEF disputada na matinal do festivo do Primeiro de Maio non puido ser mellor para os conxuntos lucenses. A Sarriana venceu no campo do Arteixo, rival directo por un posto na fase de ascenso e o Polvorín gañou no Viso ao Arzúa nun encontro no que tivo que remontar. A tarde resultou máis desafortunada cunha dolorosa derrota do Viveiro en Cantarrana fronte ao Betanzos.

O triunfo da Sarriana fronte ao Arteixo sitúa aos de Jorge Cuesta a un paso de asegurar o play off (0-2)

Terceira vitoria consecutiva para a Sarriana que acada un marxe de tres puntos e golaverage fronte ao seu perseguidor, precisamente o Arteixo o seu rival nesta xornada. Ámbolos dous conxuntos pelexaron por levar a manixa do partido sendo o cadro local quen tivo máis ocasións no primeiro tempo, incluido un remate ao pao.

No segundo tempo a Sarriana chegou con máis claridade á área rival, sobre todo por medio de Tijan. O primeiro tanto chega tras dous rexeites do gardameta Ramón a tiros de Tijan e Sané. O balón caelle a Jacobo que remata ao fondo da portería. O Arteixo buscou o empate, pero Javi Liz atopouse moi inspirado. Tamén a Sarriana tivo o segundo tanto nas botas de German, pero a sentencia chegou por medio de Cuadrado que anotou un golazo cun preciso lanzamento pola escadra.



Un triunfo no derbi fronte ao Viveiro na penúltima xornada ligueira outorgaríalle á Sarriana un billete para o play off de ascenso.

O Polvorín remonta diante do Arzúa e acada a permanencia virtual (1-2)

O filial albivermello practicamente certificou a súa permanencia en Terceira RFEF para a vindeira temporada logo de vencer no campo do Arzúa. Os de Dani Galán xogaron en campo contrario continuamente aínda que lle costou ter profundidade fronte a un Arzúa mo ben situado en defensa. A partir do ecuador do primeiro tempo o Polvorín xogou máis por banda e xerou máis ocasións de gol. A máis clara nun lanzamento de penalti que lanzou Maceira e detivo moi atinado David Freire.



No segundo tempo o partido púxoselle costa arriba nun erro do gardameta Fernando que perdeu o balón e Ponce marcou a porta vacía desde longa distancia. Non tardou en chegar o empate noutra pena máxima. Maceira non se arrugou e convertiu o lanzamento acadando o empate. A falta de doce minutos para o final o Polvorín culminou a remontada. Maceira gañou a liña de fondo e o pase atrás rematouno Rosón ao fondo da portería. O Arzúa buscou o empate con balóns colgados á área que non inquedaron á zaga lucense. Alesito, no tempo de desconto contou cunha boa ocasión para facer o terceiro.

O Viveiro cae no desconto fronte ao Betanzos, rival directo na pelexa pola permanencia (0-1)

Derrota dolorosa dun Viveiro que terá que pelexar por certificar a permanencia nos dous encontros que restan para que remate o campionato. O encontro diante do Betanzos resultou moi parello durante os noventa minutos. A primeira metade tivo un dominio alterno. Os visitantes contaron con ocasións para adiantarse por medio de Anthony, a máis clara nun un contra un que solventou ben Ayoub. Gamarra foi o xogador máis incisivo dos celestes e buscou o tanto con dous tiros cruzados.

O comezo da segunda metade foi moi similar ao visto na primeira, aínda que con menos ocasións de gol por parte de ámbolos conxuntos. A falta de vinte minutos para o final chegou un momento clave para o devir do partido. Juan viu o segundo cartón amarelo e o Viveiro afrontou o último tramo cun xogador menos. O Betanzos medrou en superioridade, pero non foi ata o desconto cando chegou o único tanto do partido. Nunha falta que os betanceiros sacaron rápido, colleron ao Viveiro despistado e Casariego batiu a Ayoub, nunha xogada na que resultou decisiva a diferencia de veteranía dun e outro conxunto. No minuto 95 o cadro local tivo a mellor ocasión para acadar o empate. Franco rematou e o rexeite caeulle a Cora que disparou e Marcos Souto respondeu cunha gran parada.

máxicos guitiriz

A Sarriana, moi preto de acadar o billete para o play off

O CD Lugo aférrase á vida cun

A Sarriana, moi preto de acadar o billete para o play off

Catro equipos para 1 posto de promoción

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *