#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal

Diego Ferreiro: «Estabamos nunha situación delicada, que imos sacar adiante sen problema»

Non é un goleador destacado. Iso si, o seu tanto ante o Montañeros paga a pena velo. O centrocampista lucense Diego Ferreiro erixiuse nun dos grandes protagonistas da xornada. Primeiro, polo citado gol. E segundo, pola importancia do mesmo. Xa que, axudou notablemente a que o Ribadeo curtase unha xeira de seis xornadas sen gañar.

Por este motivo, entre outros, quixemos dar voz ao medio lugués nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser. O noso redactor Diego Díaz e o presentador da Cadena Ser Alex Gato, exerceron de mestres de cerimonias dunha entrevista que nos deixou reflexións ben interesantes.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol estatal feminino, na Segunda e Terceira RFEF e a Preferente Galicia Norte como cada xoves).

Nas próximas liñas resumimos todo o que conversamos con Diego Ferreiro. Desde o seu tremendo gol no seu último partido ata a loita pola permanencia na Preferente Galicia Norte. Tamén falamos de obxectivos, expectativas e as diferenzas entre os adestradores que tivo esta campaña no Ribadeo.

Fin á mala xeira co Montañeros. «Foi un partido complicado. Eles viñan como o equipo menos goleado. Tivemos oportunidades, sobre todo na primeira parte. Adiantámonos e fómonos ao descanso cun 2-0 e soubemos sufrir na segunda parte. Foi unha vitoria bastante importante, estabamos nunha situación delicada».

Un soberbio gol para volver gañar! «Roubeille o balón ao mediocentro deles. Quedoume o balón moi franco para o disparo desde fóra da área. O balón petou no longueiro. Tiven a sorte de que petou dentro e o ‘línea’ deu gol».

O cadro de xogadores do Ribadeo 23/24, posando para a última Guía Futbol en Lugo desta casa

As expectativas iniciais co Ribadeo. «A principio de tempada as expectativas eran bastante altas ao ter xogadores con moita experiencia en Terceira e Preferente. Foi un ano complicado cun ‘plantel’ moi curto. Tocounos sufrir e a ver se podemos alcanzar a permanencia».

Que fallou esta tempada? «Como dixen, tiñamos un ‘plantel’ bastante curto. Logo algunha lesión… Outros, por motivos de traballo, tiveron que deixalo… Neste último mes iamos aos partidos 13 ou 14 xogadores. Esta Liga esíxeche moito e non dabamos gañado».

O cambio de adestrador. «Pichi deixounos as días bastante claras cando chegou. Melloramos defensivamente aínda que este último mes nos custou máis ao ir aos partidos bastante poucos».

Cantos puntos fan falta para salvarse? «Eu creo que vai haber bastantes arrastres. Ao mellor nos fan falta 9 puntos. Este último partido deunos bastante confianza para afrontar os últimos catro encontros que faltan. Seguro que o imos sacar adiante sen problema, estou confiado».

Diego Ferreiro: «Estabamos nunha situación delicada, que imos sacar adiante sen problema»

Marcos Pereiro, SD Guitiriz: «Afrontamos os 4

Diego Ferreiro: «Estabamos nunha situación delicada, que imos sacar adiante sen problema»

Tres puntos para que o Racing Vilalbés

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *