Pese a quen lle pese imos cara o inverno, ou iso parecía hai uns días. O certo é que as competicións futbolísticas están iniciando os seus cursos na provincia. E esta fin de semana comezan tamén a Segunda e Terceira Galicia. A Segunda volverá a estar dividida en dous grupos, sur e norte, con dezaseis equipos en cadanseu grupo. Sempre é unha categoría de sorpresas que parte, nun principio, como unha competición igualada aínda que a priori, algún equipo por riba do resto.
SD Burela, un dos rivais a batir
A súa condición de equipo recén descendido, xunto coa estrutura e historia que ten detrás faino ser un dos equipos candidatos a ocupar esas dúas prazas de ascenso á Primeira. O ano pasado non puido evitalo descenso polos arrastres, a pesar de remontar na segunda volta un fatídico primeiro tramo de liga. Reforzouse ben, aínda que terá que adaptar aos novos xogadores.
ED Lourenzá, a experiencia convérteos en perigosos
Foi o que máis preto estivo o ano pasado de acadar o ascenso á Primeira, pelexou ata o final por un segundo posto que finalmente se levou o Xermade. Este ano mantén o bloque capitaneado unha vez máis por Iván Recalde, un cadro formado por xogadores que levan varios anos xogando xuntos. Os seus rivais dano tamén como outros dos equipos a batir.
SD Guitiriz, sempre aparece
Sexa como sexa, o Guitiriz sempre é un dos equipos que está nos postos altos da clasificación, aínda que lle falta dar un paso máis para conseguir o ascenso. Tamén mantén en gran medida o cadro de xogadores do curso anterior, con algún reforzo como Tanketín procedente do Castro, Antón que se incorporará en outubro, o xuvenil Óscar e Toni que a temporada pasada non participara moito por temas laboráis. Seguen reinando os valores do club que consiste en ter un equipo formado por xogadores da localidade e intentar practicar o mellor fútbol posible.
Iberia CF, repetir ou mellorar a gran temporada pasada
Perde a algún xogador como Dani Prieto que marchou para o Ribadeo pero segue mantendo o gran bloque que finalizou a liga nos postos altos da táboa clasificatoria. Da man no banco de Nico tamén incorporou a xóvenes futbolistas. Foi un verán marcado polo cambio de presidencia, con Noela como nova mandataria. Non obstante, a estrura deportiva non se cambiou en gran medida.
SDC Cabreiros, en construcción
Novas caras no conxunto xermadino despois de facer unha gran temporada, pero quedándose sen opcións para loitar polo ascenso nos últimos encontros. José Manuel é o novo adestrador dun equipo aínda en construcción que dispuxo de 13 xogadores ao longo da pretemporada. Na directiva traballan para incoporar algún futbolista máis. O obxectivo céntrase en evitar posibles lesións, o que sería un gran lastre ao ter un cadro de xogadores tan curto, e en intentar mellorar a gran clasificación das últimas temporadas.
SD Pol, un proxecto ambicioso
A gran segunda volta do ano pasado é o espello no que se mira o Pol da temporada 2017/2018. O conxunto polense está construíndo un proxecto co claro obxectivo de ascender á Primeira Galicia, aínda que sendo consciente do nivel alto da categoría. Combina xogadores do pobo con xente importante que chega doutras zonas da provincia
como Carlitos, unha das fichaxes estrela do equipo. O cadro de xogadores aínda non está pechado e podería haber algunha que outra incorporación nos vinderios días.SD Candelaria, non pasar apuros
O conxunto de Cervo seguirá como único representante do concello na Segunda, por diante do equipo da capital que milita na Terceira Galicia. Coa intención de facer un bo papel como a temporada pasada, na que salvou a categoría sen excesivos atrancos e disfrutou dunha temporada tranquila.
Mondoñedo FC, equipo moi novo para seguir medrando
Israel encabeza de novo un proxecto deportivo no que segue a maior parte do bloque da pasda campaña. As únicas novidades son a chegada dos centrocampistas Isaac procedente do Muimenta e de Xian do Foz. Están pedentes de incorporar ao porteiro Luis, algo que se decidirá nos vindeiros días por motivos laboráis. Seguirán capitaneados por Miguel Lorigados que é un dos máis veteráns no medio dunha xeración nova de futbolistas con moito que dicir. O obxectivo é ser máis regulares ca o ano pasado.
UD Folgueiro, reforzos que darán un salto de calidade
O conxunto do vicedo mantén tamén a maior parte do cadro de xogadores da temporada pasada, pero con algún retoque importante como a chegada de Aurelio procedente do Viveiro de Preferente. Outras incorporacións foron a de Miguel Villar do San Ciprián ou as de Alex Martínez e Pelayo que chegan dende o Viveiro xuvenil.
Abadín CF, a permanencia é o obxectivo
Consolidarse un ano máis na categoría é o propósito do Abadín que como a maioía dos conxunto tamén conta con poucas novidades no seu cadro de futbolistas. Tan só algunas baixas obrigadas por lesión que suplen con xente nova. Polo visto na pretemporada o conxunto deixa boas sensacións, aínda que se botou en falta algún enfrontamento de máis nivel.
CD Alfoz, novo proxecto
Martín López é o novo adestrador do CD Alfoz para a temporada 2017/2018. Un novo proxecto con varias incorporacións importantes co obxectivo de non pasar os apuros da pasada campaña na que o equipo estivo ata a última xornada para evitar o descenso de categoría.
CD Cospeito, que respecten as lesións
Que melloren as condicións físicas dos xogadores con respecto ao ano pasado é o obxectivo dun Cospeito para tentar non pasar apuros. O ano pasado salvouse na última xornada cun partido que máis ben foi unha final ante o Catro Roldas. A competición irá marcando o propósito a máis longo prazo coa idea de tentar quedar o máis arriba posible.
Meira CF, non pasar apuros
Marcos Lombardero será o responsable esta temporada do banco do Meira na que buscará non pasar os apuros que o equipo pasou o ano pasado. Na última xornada xogouse a salvación e evitou o descenso por mor de que de Primeira tan só descendeu o Burela da zona norte. Adaptar as novas incorporacións, xunto cos xogadores dos últimos anos entre os que estará Vitinho que xa está adestrando co grupo.
Ourol, non pecar de recén ascendido
O Ourol foi o gran dominador da Terceira norte na temporada pasada, ascendendo pola vía rápida. Non obstante, a pretemporada non foi boa, o equipo adestrador por Luis tivo moitas baixas por temas laboráis e lesións. Ademais algúns futbolistas ficharon por conxuntos de categoría superior. A meta clara é a permanencia.
Roupar, o retorno
O conxunto adestrado por Diego Dopico volve a Segunda Galicia despois dun gran ano na Terceira. En gran medida mantén o bloque pero con algún retoque con xogadores importantes da talla de Edi que o ano pasado era o capitán do As Pontes que militou na Terceira División. O obxectivo é a salvación e evitar pasar apuros, aínda que segundo opina o seu adestrador haberá que esperar as primeiras xornadas para ver o nivel real do equipo.
AD Matela, en Segunda por fin
Pelexou moito o Matela nas últimas temporadas para ascender de categoría. Conseguiuno a pasada campaña ao derrotar na final polo ascenso ao Goiriz. Agora inicia un novo ano adaptándose as novas esixencias da Federación, algo que non gustou moito pola parroquia do concello de Outeiro, xa que implica un gasto importante. A pretemporada viuse alterada pola falta de adestrador, pero agora xa está todo en marcha. Quiroga encabeza o proxecto deportivo dende o banco para dirixir a un grupo de amigos que teñen o obxectivo de pasalo ben. Segundo afirma o capitán Pedro «todos queremos estar arriba, pero, a nós, con disfrutar chéganos».