Segue o Racing Villalbés sen gañar na Terceira. Esta vez os paus impedíronlle sumar a domicilio. Fóra da casa sufriu tamén o Ribadeo, na Preferente. 7-1 nunha tarde para olvidar para os mariñáns. No outro extremo da Mariña continúan invictos, xa que o Viveiro igualou 0-0 no campo do Atlético Arteixo. Ademais, o Atlético Escairón sumou o seu primero punto co seu empate ante o San Tirso.
Na Chaira quedáronse sen ver victorias esta pasada fin de semana. O Castro caeu ante o Arzúa e o Outeiro fixo o propio ante o Betanzos. Por último, queda falar do derbi capitalino do Ceao. A Residencia adiantouse porén o Polvorín levou finalmente o triunfo nos últimos vinte minutos de encontro. Un partido que para Carlos Raposo rematou antes de tempo. O xogador tivo que ir ao Hospital Polusa tras un forte golpe ao cuarto de hora. Todo quedou nun susto. Tras esta breve análise, deixámosvos os nosos destacados da xornada!
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)