Comezou o espectáculo. A Sarriana é o primeiro líder tras golear ao Ferreira, seguido de cerca por un Monterroso que superou con comodidade ao Lemos. Hat trick de Adrián incluído. Os recén ascendidos deron varias sorpresas nesta xornada inaugural. A principal, a victoria do San Roque en Santaballa. Ou o empate que rascou o Xermade no sempre complicado feudo do Pastoricense. Ademais, a Pontenova igualou 3-3 nun encontro de tolos e no que o San Ciprián xogou máis dunha en inferioridade numérica pola expulsión de Madariaga. E sen movernos da Mariña, o Xove Lago de Sancosmed levouse o derbi ante o Valadouro.
En Foz, os de Gayol reaccionaron a tempo ante un Páramo que desperdiciou un 0-2 ao seu favor. Ramón, ilustre veterán, debutou na meta do Martínez Otero. O que sí gañou a domicilio foi o Taboada. Deu boa conta do Bóveda. Por último, a hora dos golazos. Os que disfrutaron en Chantada. Unha maxistral falta de Joserra e un tanto de Manuel desde uns 60 metros, fulminaron ao Riotorto. Sen máis dilación, estes foron os destacados na estrea desta grandísima Primeira Galicia.