#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Sesión Plenario 16: Valigol – Javi Regueiro

A décimo sexta Sesión Plenario deixou un cruce entre goleadores. Na última das repescas desta Primeira Fase xogaron o dianteiro do Relámpago Taboada Víctor Valiño ‘Valigol’ co xogador do Ribeira FS e seguidor do Fonsagrada Javi Regueiro.

Foi unha Sesión Plenario marcada polo gran número de acertos de ambos contrincantes, co cal a emoción estivo garantida ata o final. Falamos de actualidade, de onces históricos, de campos e adestradores… Sen olvidarnos do xa tradicional Verdadeiro ou Falso.

os oitavos de final xa están ao completo

Con esta Sesión, Futbolinlugo completa o cadro de 16 participantes que acceden á segunda fase. A Valigol ou Regueiro (hai que ver o vídeo para saber quen gaña) uniranse os seguintes 15 xogadores:

1. Lourido, xogador do Meira



Regueiro co seu amigo Óscar Rivas, na súa época no CD Lugo (esquerda)

2. Oskarinho Docampo, directivo do Lourenzá

3. Chapu, presidente do Portomarín

4. David Rodríguez, excolexiado



5. Isaac Rouco, adestrador do fútbol lucense

6. Tucho, seguidor do Cospeito

7. Luis Romay, adestrador do Cospeito

8. Esteban Carracedo, xogador do Catro Roldas

9. Noelia, seguidora do Burela



10. Manu, delegado do Burela

11. Kiños, xogador do Folgueiro

Valigol, na súa presentación co Relámpago Taboada

12. Antón Teijeira, xogador do Iberia

13. Andrés Rodríguez, adestrador da Comercial

14. Koeman, presidente do Antas

15. Juan Rodríguez, segundo adestrador do Racing Villalbés

Gustaríanos recordar que esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta décimo sexta Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.

Sesión Plenario 16: Valigol – Javi Regueiro

A Porra de Futbolinlugo, 23

Sesión Plenario 16: Valigol – Javi Regueiro

A Sarriana vence no derbi provincial e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *