#Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Preferente Futgal #Segunda Futgal #Sin categoría #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 47

Coas pretemporadas xa iniciadas, as fichaxes masivas son historia. Agora é tempo de pequenos retoques, de apuntalar determinadas posicións. Os famosos pequenos grandes detalles. Os que poden marcar un ascenso ou un descenso.

Temos movementos a contagotas por toda a provincia. O Viveiro sumou un novo efectivo ás súas filas. Trátase do gaditano Sergio Iglesias. Un mediapunta veterán e tan contrastado, que chegou a xogar co seu Cádiz na Segunda División. O Cazás asinou ao centrocampista Juanín. O Burela reincorporou a Claudemir, despois da súa aventura en Cervo. E o Goiriz repescou ao dianteiro Fidel. Iso sí, conta coas perdas de Jano, Portillo, Esteban, Paco e a case segura de Cristian. Ademais, o Outeiro de Rei confirmou a baixa que xa adiantamos de Rubincha. E o Pontenova fixo o propio, coa alta de Salva (única fichaxe do clube ata o momento).

Claudemir

No mundo do fútbol base, a Residencia conta con dous novos adestradores. O xogador do primeiro equipo Adrián Vázquez cambia a base do CD Lugo pola Cheda. Ademais, incorporan ao talentoso Adrián Suárez. Chega dende o Cádiz CF e co título de nivel 3 no peto.

Por último, toca falar de pretempadas. Primeiro, a da SD Becerreá. Enfrontarase na casa á Comercial (11A), San Lázaro (14A), Campo Naraya/Corgo (19A) dentro do Vila de Becerreá e posteriormente ao Páramo (25A). Así mesmo o Quiroga xogará a domicilio ante o Lemos (4A), Viana (15A) e Fabero (3S). Na casa, recibirá ao Viana (12A) e ao Inicio e outra escadra sen confirmar no San Martiño (27A).



O Goiriz xogará co Mondoñedo (15A) e co Cabreiros e o Rioaveso, en próximas datas. O Roupar disputa esta fin de semana a semifinal da Copa Concello. A seguinte semana xogará a final ou o terceiro e cuarto posto. Tamén se verá as caras contra o Somozas B (16A) e estará no Triangular de Folgueiro (19A).

 

 



Diario dun mercado. Episodio 47

Quen é o experto do fútbol lucense?

Diario dun mercado. Episodio 47

Diario dun mercado. Episodio 48

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *