Novo repaso ao mercado, con novidades de norte a sur da provincia, moitas delas concentradas na Primeira Galicia. Nela, o Burela renova a Jimmy, lateral que cumprirá o seu segundo ano no club. O Lourenzá, pola súa banda, confirmou as renovacións de Meke, Bugui, Álex Carreiras, Javi, Falcón, Miguel Hermida, Ferranes, Losvi, Garrafín, Pichi, Julián, Cruña, Acebo, Luis, Paulo, Lorigados e os Recalde, Noé e Iván. Ademais, os da Santa Cruz presentaron dúas novas fichaxes: Raúl López e Roberto Carreiras.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/08/PASTORICENSE-CRISTIAN-1.jpeg)
No Acebreiro, o Pastoricense renovou a Cristian, atacante da casa con pasado nas bases de Lugo e Racing Villalbés, e fichou a Asier Chao, que chega desde o Castro. O Sporting Pontenova, pola súa banda, anunciou a chegada de Mario, defensor que chega desde a base do Montañeros coruñés, co que acadou o ascenso á Liga Nacional Xuvenil. Ademais, o Chantada Atlético renova ao cotizado Cañón, mentres que o Monterroso contará co gardamallas Rubén para a nova temporada. O meta descolgará as luvas tras un ano como adestrador de porteiros dos de Cerdeiriños.
Na Segunda, a Comercial asina a Javi Botana para reforzar a zaga tras a perda de Édgar, que causa baixa nas Gándaras. A SD Chantada ‘B’ contará un ano máis con Aldán e Pichu, e incorpora a Iker de cara á nova temporada. Tamén hai novidades na Terceira, pois o Mondoñedo renova a Antonio no novo proxecto mindoniense.
Rematamos o repaso de hoxe coa chegada de Okoye ao PM Friol. A xogadora, internacional nas categorías inferiores da Selección Española, xa sabe o que é ser campioa do mundo e será un reforzo de luxo para as da Reigosa.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)