O brazalete da Residencia busca herdeiro despois do adeus confirmado do gran capitán. Carlos Raposo Gómez (15-02-1987, Lugo) pon fin a unha extensa traxectoria no noso fútbol. A máis de media vida no conxunto da Cheda, no que acumulaba xa vinte e cinco anos. O seu corazón foi sempre branquiazul e a súa camisola tamén, a excepción de dous anos na base do Club Deportivo Lugo e un no Valadouro no seu primeiro ano sénior. Raposo deixa un baleiro máis que notable, tanto no verde coma no vestiario.
Futbolinlugo: Boas Carlos! Xa pasaron uns días. Está asumido o de non volver patear a pelotiña?
Carlos Raposo: Non era unha decisión complicada, había que tomarla. Hai outras prioridades e había que decantarse pola familia. Toca asumilo, foi complicado e difícil pero xa levo plantexando isto varios anos. Esta temporada foi especial e curta e decidín botar o último ano, axudar ao grupo. Está asumido relativamente.


A Residencia é unha familia, un vestiario que non está roto
Fil: Falabas desta temporada especial. Foi a máis difícil de todas as que levas xogado?
CR: Si, quizais foi a máis difícil. Pola situación dos adestramentos ao principio, non sabes como vai ser a temporada. Non só dependías do fútbol, tamén de temas sanitarios. estaba todo no aire. División dos grupos, liga curta… Todo novo.

Fil: No entanto, este ano non xogache moito…
CR: Non, foi un ano complicado. Eu necesito ese mes de adaptación física e demais que este ano non houbo. E xusto cando te empezas a encontrar mellor acaba todo…
Tiña as ganas e a ilusión, que era o importante. Sen iso, complícase todo
Fil: Co paso das temporadas vimos o teu cambio físico. Eres un Aduriz, dos que melloras cos anos?
CR: Si, a base de traballar e sacrificarse. Adestrar e sacrificio a nivel de alimentación. Manteste un pouco para poder competir. Tiña as ganas e ilusión, que era o importante. Sen esa ilusión de competir, complícase todo. Por sorte, veñen rapaces novos. Contaxian a un de ilusión e queres estar á altura.
Fil: O equipo quedou sen referentes como Dani Galán ou Carlos Raposo. Está o relevo garantizado?
CR: Si, sen dúbida. Hai rapaces novos que veñen pisando forte. Ademais teñen esa ilusión e ese compromiso para adestrar e xogar. Asúmeno ao 100%. Son un grupo unido e iso é primordial no fútbol. Así pódense facer grandes cousas.
Xogar con meu irmán foi unha das mellores cousas que me pasaron
Fil: Como é iso de xogar cun irmán?
CR: Iso é ilusionante, unha das mellores cousas que me pasaron. Sempre quixen xogar con el (Javi Raposo) no mesmo equipo. Disfruteino nos últimos anos, tócalle tomar agora ese relevo. Vaino facer con creces e sobrepasalo. E bo futbolista e a nivel de vestiario. O proxecto seguirá adiante.
Fil: Que ten a Residencia distinto ao resto dos equipos
CR: A unión, o grupo. Un vestiario que non está roto. Vinte ou vinte e cinco xogadores tirando para o mesmo lado e unha directiva que confía no grupo. Somos unha familia. Non hai división no vestiario nin conflitos entre compañeiros. O persoal e o grupal son o primordial no fútbol. Ao final o fútbol é un deporte colectivo.
O persoal e o grupal son o primordial no fútbol
Fil: Eres dos que pensa que o nivel baixou cos anos?
CR: A nivel competitivo penso que si. Non sei se inflúen temas económicos nin entendo ben o porqué. A miña primeira temporada en Preferente, no Valadouro, vías equipos que en dous anos chegaban a Segunda B. Non sei se se gañou agora en nivel físico. Algo si que decaeu desde o meu punto de vista. A Preferente daquelas era moito máis dura que a de agora.
A Preferente de antes era moito máis dura que a de agora
Fil: Por onde pasa o futuro de Carlos? Verémoste preto de Dani Galán no banco?
CR: Desconectar de todo é complicado. Irei polo campo, ver adestramentos. E se en calquera momento Dani Galán necesita unha man, aí estaremos. Seguramente sexa o delegado do equipo este ano. Intentarei axudar dentro do posible.
Temos que manter a ilusión, hai que xogar unha fase de ascenso a Terceira
Fil: O último desexo de Carlos?
CR: Varios. O mellor para o grupo e que manteñan a ilusión. Hai que xogar unha promoción de ascenso a Terceira. Quería desexarlle toda a sorte para este novo reto a Dani Galán e aos compañeiros. Agardo que meu irmán poida ter esa continuidade que un futbolista necesita e que non puido ter, debido as lesións, xa que é un xogador moi importante para nós!
EN CURTO
Un campo: A Cheda.
Un compañeiro: O grupo.
Un adestrador: Álvaro Meilán, ademais fomos compañeiros.
O mellor momento: As temporadas que loitamos por ascensos.
O peor momento: Os descensos e as lesións de ligamentos.