Así foi a sétima xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses:
- Lemos-Santaballés (1-1): O Santaballés métese de cheo na pelexa polo segundo posto grazas a un tempo de desconto de infarto. Diego Torres adiantou aos de Edu nada máis comenzar. Os de Moirón nunca lle perderon a cara ao encontro e a sensación de perigo dos chairegos foi constante. Iso si, deixaron os deberes para a prolongación. Jorge Pereira asinou o empate nun tempo extra con tres expulsados (dous locais e un visitante) e a típica polémica que xera un gol en posible fóra de xogo.
Residencia-Foz (2-1): Pleno de puntos para os de Álvaro Meilán na Cheda. O Foz repetiu o seu guion habitual. Competiu de ti a ti ata o pitido final sen sorte algunha. Os capitalinos abriron a lata nada máis empezar. David Ben igualou no ecuador da reanudación despois dunha boa xogada dos de Javi Chinchón. No entanto, cinco minutos máis tarde a Residencia reaccionou ipso facto e deixou o triunfo na casa co gol de Juan Souto. - Sarriana-Ribadeo (4-1): O líder sigue ao seu e aumenta as diferenzas co segundo clasificado. O pichichi Gerardo encarrilou o encontro cun dobrete ante un Ribadeo que desaproveitou as súas balas para meterse de novo no partido. Un pau e un penalti transformado por Jairo foron a mellor aportación ofensiva dos mariñáns, que remataron goleados. Raúl debutou co primeiro equipo da Ribela.

