#Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Primeira Futgal

Antonio Gato: «Faremos o que faga falta para que o Monterroso non morra»

Onte facíamonos eco dos problemas da SD Monterroso para manter a súa actividade. Hoxe, o propio Concello quixo dar un paso adiante para garantizar a supervivencia do club. Iso si, con condicións. O alcalde Antonio Gato Soengas falou con nós para comentarnos que o problema na vila «vai máis alá do deporte». «Hai un bloqueo político desde que se constituiu o propio Concello, o cal impide a goberno normal e corrente«, engadiu a cabeza visible de Monterroso.

O alcalde Antonio Gato. EP

No tocante ao fútbol, Gato contextualizou a situación e mostrouse moi crítico. «O equipo de goberno presentou un presuposto, que foi rexeitado. Se non se aprobaba, paralizábase a vida municipal. Avisamos que afectaba ás subvencións nominativas a todas ás asociacións. O fútbol era unha delas. E non se aprobaron esos presupostos, en parte, polo voto en contra do presidente da S.D Monterroso. El sabía que esto ía ocurrir perfectamente. A directiva do club non funciona excepto por unha rapaza que ten moito interese pero non resolve», sinalou.

Os presupostos, en parte, non se aprobaron polo voto en contra do presidente da S.D Monterroso

Sobre a problemática do campo, comentou o seguinte: «O campo está perfectamente atendido. Os traballadores municipais seguen indo ao campo a regalo. A señora que hai na directiva quedou encargada de regar o campo e durante mes e medio abandonouno. Os nosos traballadores van regalo, cortalo e botarlle o abono. O que non fan é combatir a plaga das toupas, ese era un traballo da xunta directiva. Estropeouse porque esta señora non o regou. Esta señora non di a verdade ou, polo menos, non toda a verdade. Eu terei a miña responsabilidade, non me boto fóra tampouco».



A pesares de toda esta problemática, o mandatario garante a supervivencia do club. Iso si, cunha condición moi clara. «Desde o Concello faremos o que faga falta para que o club non morra. O Concello poderase facer cargo se o club queda sen directiva. O Concello non se vai meter existindo unha Xunta Directiva. Se non dimiten das súas responsabilidades, non podemos tomar medidas. O natural sería iso e convocar eleccións entre os propios socios. Nós estamos para gobernar aos cidadáns, non para presidir o equipo de fútbol», destacou Antonio Gato.

Dende o Monterroso non quixeron esperar para respostar a estas declaracións. O presidente Marcos Otero falou sen morderse a lingua. «Eu estou encantado de dimitir. Non vou comezar unha temporada con débeda e co COVID á volta da esquina. Se hai COVID, non hai festas. Se non hai festas, non hai cartos. Hoxe o PSOE pediu unha Xunta Extraordinaria do Pleno do Concello e dar solución ás asociacións. Se nestes quince días non arranxamos, plántolle alí o club. E naide o vai coller con débedas. Pero cando o Concello se teña que facer cargo das escolas deportivas, o diñeiro aparecerá por arte de maxia. El -por Gato- mistura a política e o deporte, eu non», explicou Otero.



Se nestes quince días non arranxamos, plántolle alí o club. E naide o vai coller con débedas

No relativo ao campo, Marcos Otero ofreceu a súa versión dos feitos: «O riego automático estropeouse. A nosa directiva ía accionalo sen ter que ir, que o campo é municipal. Iamos por boa fe, pero así xa non se pode. E o tema das toupas quizais cunha chamada a Calfensa se solucionaba todo. En Taboada, que esta aquí ao lado e co campo preto do monte, non hai toupas. Algo farán», dixo.

Por último, o presidente ofreceu solucións rápidas a todo este esperpento. «O alcalde pode dar os 6.000 euros que había para o torneo Promesas para arranxar cousas. Quere gastalos nunha rúa que está ben. Di que é unha decisión política persoal. Di que non hai cartos e gastou 17.000 euros no COVID. Parte para catro máquinas de ozono sen uso, que están tiradas. Para iso si hai cartos sen presupostos…«.

Antonio Gato: «Faremos o que faga falta para que o Monterroso non morra»

A directiva do Monterroso baralla a desaparición

Antonio Gato: «Faremos o que faga falta para que o Monterroso non morra»

Diario dun mercado. Episodio 163

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *