O mercado na nosa provincia continúa no seu punto álxido e sucéndense os movimentos en tódalas categorías. Comezamos polo fútbol feminino. O Carballedo renovou ao seu adestrador Iban Crespo, así como a María Varela, Chusa, e as goleadoras Diana Picos e Laurita que seguirán defendendo ao equipo presidido por Adrián Rodríguez unha temporada máis. No Chantada tamén contarán con Sara e Eva un ano máis.
O Viveiro segue a construír o equipo de cara ao seu retorno a Terceira. Según adiantou La Voz de Galicia, o pichichi Gerardo e o gardamallas Manu Cedrón selaron a súa renovación. Desde o Arzúa, pero con pasado recente no Polvorín, Residencia e Sarriana, chega a Cantarrana o zagueiro Édgar. Tamén no Racing Vilalbés están a perfilar o seu cadro de xogadores. Javi Rumbo, Javi Sandá e o focense Moreda seguirán ás ordes de Simón Lamas. Tamén continuará no clube o utilleiro Chelino.
Na Preferente, a Sarriana incorpora ao gardameta Javi Liz, procedente do CD As Pontes, así como a Adrián Armesto, un dos xogadores máis destacados do Lemos nas últimas temporadas. No cadro monfortino causan baixa tamén o gardameta Ramón, que xogará no Fisterra, así como o lateral Borja Castro, que asinará polo Pol de Primeira Autonómica. A Residencia aposta pola continuidade e renova dunha tacada a oito dos seus xogadores: Javi Raposo, Sergio, Adri, Rasilla, Tebi, Arturo, Dani López e Charly. Tamén o Foz, logo de confirmar a Javi Chinchón aos mandos da nave, chegou a un acordo con Dani Chao, Cristian e Rivera para a súa renovación. Ademáis, Yeray e Jorge suben desde os xuvenís.

Unha categoría máis abaixo o protagonismo é para os clubes chantadinos. A S.D. Chantada chegou a un acordo con Diego Arias e Foci para a súa renovación. Os veciños do Chantada Atlético tamén renovan ao goleador Adri, así como a Ivi e Iago, e asinan a Caio Fabio que chega ao clube desde o Arzúa. O recén ascendido Portomarín renova a Hugo.


https://www.instagram.com/p/CBjAGBOnlEs/?utm_source=ig_web_copy_link
Na Segunda Autonómica, o Abadín reforza o seu ataque con Diego Vidal e Maikel, ámbolos dous procedentes do Matela. O Celta Barreiros renova ao seu míster Fran Vázquez, que cumplirá a súa terceira temporada no Cascabeiro. Terá ás súas ordes a Aitor López, formado na canteira do C.D. Foz, pero con pasado recente nas filas do Burela Fútbol Sala.
