#Fútbol afeccionado

A Axenda: A Copa Deputación, protagonista do Entroido futbolístico lucense

COPA DEPUTACIÓN – PREFERENTE E PRIMEIRA AUTONÓMICA (Cuartos de final)

– S.D. Santaballés – S.D. Sarriana (Sábado ás 17 horas na Liga): os de Dani Moirón buscarán dar a campanada nos cuartos da Copa diante dunha Sarriana que suma tres encontros sen gañar na liga.

– Chantada Atlético – Taboada C.F. (Sábado ás 17:15 horas no Sangoñedo): ámbolos conxuntos pelexan por fuxir dos postos de perigo en Primeira e teñen a Copa como a vía de escape da tensión ligueira. O



– S.D. Chantada – Ribadeo F.C. (Domingo ás 17:15 horas no Sangoñedo): o conxunto local tentará rendibilizar a súa boa xeira ligueira diante do actual campión. Os de Rafa Casanova, irregulares nas últimas xornadas ligueiras, tentarán reeditalo éxito da pasada temporada.

COPA DEPUTACIÓN – SEGUNDA E TERCEIRA AUTONÓMICA



– S.C.D. Milagrosa – S.D.C. San Lázaro (Sábado ás 16:30 horas no Luis Gorgoso): derbi na capital da provincia. A Milagrosa, que esta temporada vai en serio na procura do ascenso, buscará a sorpresa diante dun San Lázaro que caeu en liga dezaseis partidos despois.

S.D. Viveiro – S.D.C.  Roupar (Sábado ás 17:45 horas no Municipal Marcos Gómez): logo do revés sufrido diante da Fonsagrada, os viveirenses tentarán avanzar na Copa diante dun conxunto xermadino que está amosando un gran estado de forma, despois do seu irregular comezo de temporada.

– Club Lemos B – S.D. Becerreá (Sábado ás 18 horas no Luis Bodegas): o filial lemista buscará facer valer o factor campo diante dos de Antón Méndez, que se atopan no seu mellor momento da temporada.

– S.D. Guitiriz – Abadín C.F. (Domingo ás 16:15 horas no Suso Cruz): a Copa como salvadora dunha mala temporada de ámbolos conxuntos. O cadro local, moi afastado da pelexa polo ascenso, e os Marcos Pardeiro co complexo obxectivo da permanencia, poden endulzala campaña doa clasificación copeira.

COPA DEPUTACIÓN – FÚTBOL FEMININO (Ronda Previa)

 – C.D. Lugo – S.D. Chantada (Sábado ás 12 horas na Cheda): encontro con claro favoritismo local, pero as chantadinas visitarán a capital da provincia co firme obxectivo de poñerlle as cousas difíciles.

– S.G. Comercial – P.M. Friol B (Domingo ás 17 horas no Rodríguez Lago 2): ao cadro lucense tocoulle bailar coa máis fea. O filial do Friol, que está a facer unha gran temporada en Primeira División Galega, buscará tamén facer un bo papel na Copa.

A Axenda: A Copa Deputación, protagonista do Entroido futbolístico lucense

O Fonsagrada dá un golpe na mesa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *