#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 132

Os conxuntos lucenses seguen a perfilar as súas plantillas de cara a un comezo ligueiro que xa se vislumbra. Un recén ascendido a Primeira Autonómica, o Guntín, confirmou a renovación de dous novos xogadores, Luaces e Tomi, co que unha boa parte do plantel da pasada temporada continuará co conxunto do Ladairo. Pola súa banda, o Santaballés incorpora a David Otero, procedente do As Pontes, Óscar Lozano, Josiño e Rubén «Serra«, lateral formado no Racing Vilalbés.

Na Segunda Autonómica, o Corgo fichou a Michi e Moreno, ámbolos dous formados na canteira da Milagrosa. O Becerreá apuntala a súa defensa coa renovación de César e coas incorporacións de Pablo Expósito e Gabri, formado na canteira do Polvorín.

O Celeiro está apuntalando o seu bloque de xogadores para mellorar o seu papel na Terceira Autonómica. Incorpora a Rubén, defensa con pasado no Celta Barreiros, Marco Antonio «Poti«, mediapunta con pasado no Sacido e no Folgueiro, e a Atoche, medio que chega do Cervo.



Diario dun mercado. Episodio 132

Futbolinlugo prepara a nova Guía… e máis

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *