#Fútbol afeccionado #Fútbol Base

A nosa homenaxe aos pais, Álvarez Renda e Miguel García

Desde Futbolinlugo, queriamos facer hoxe, Día do Pai, unha homenaxe a todos aqueles proxenitores que, semana tras semana, trasladan aos rapaces aos adestramentos ou aos partidos e apoian desde a bancada día si día tamén. Dous destes meritorios pais son, á vez, dúas figuras ben coñecidas entre a xente de fútbol da provincia. Falamos con Juan Álvarez Renda e Miguel García Suárez.Tanto Miguel como Juan son adestradores, a pesar de que este último non estea á fronte de ningún equipo nesta campaña. Miguel adestra ao xuvenil A da SDC Residencia, equipo que loita polo ascenso á Liga Galega e no que xoga o seu fillo David, e conta cunha ampla traxectoria tanto como xogador (xogou no equipo da cidade, o CD Lugo) como como adestrador. Juan, pola súa parte, tamén ten un enorme historial como adestrador en distintos clubes da provincia, e conta cun fillo no CD Lugo B (Dani) e outro nas categorías inferiores do Polvorín (Alberto). Formulámoslle a ambos prácticamente as mesmas preguntas para coñecer as dúas perspectivas de dous homes que coñecen moi ben os campos lucenses.

 

Miguel García.

 



Futbolinlugo: Ola Miguel. Canto tempo levas vinculado ao fútbol como adestrador e como xogador?

Miguel: Eu estaba xogando no CD Lugo, cando saquei o título de adestrador, e comecei a adestrar a infantiles, cadetes… no propio Lugo. Retireime no ano 94, e a partir de aí xa me iniciei como adestrador nun aspecto máis «profesional».

 



Miguel é un apaixoado do fútbol pero non olvida a súa condición de pai durante os partidos.

Futbolinlugo: Este ano adestras ao teu fillo, David. É iso un obstáculo á hora de adestrar ou non supón ningún inconvinte?

Miguel: Eu adestro este ano ao meu fillo porque era case a última oportunidade que tiña de poder facelo. Está cursando 2º de Bacharelato, e existe a posibilidade de que o ano vindeiro saia de Lugo, e por iso vinme animado. Cando decides algo así, pensas nos «pros» e nos «contras», pero o carácter do meu fillo animoume. El é unha persoa tranquila, reflexiva… e creo que nese sentido el o leva ben. Por enriba, el tamén me impulsou e así estou a aproveitar unha oportunidade que quizais non se volvese repetir.

 

Futbolinlugo: Orientados cara o plano de pai, cando ves ao teu fillo queixarse dun golpe ou ter unha disputa cun rival,atópaste nunha situación na que se sofre?

Miguel: Si, por suposto. Nese sentido, eu son pai antes que adestrador, polo que se hai unha xogada na que o meu fillo (porteiro) pódese mancar, tanto cando estás de adestrador como nas bancadas, interésaste polo seu estado porque evidentemente é moi difícil extrapolar esa condición de pai-fillo.



 

Futbolinlugo: Que significa o fútbol na túa familia?

Miguel: Desde pequeno, na miña casa somentes falabamos de fútbol. Sobre todo miña nai era a máis preoucupada por ese aspecto. Lembro que meus pais ían ver os meus partidos, e ademáis cando saín de casa tiven a sorte de atopar á miña muller, que é unha apaixoada do fútbol, á que se suman a miña filla Carmen e David, que tamén son moi afeccionados… Estiven sete anos adestrando no Outeiro de Rei, e todos eles eran un máis do plantel e da afección. Para min é imposible poder adestrar sen que a familia esté implicada e sen que a eles lles guste. Todo son moi boas sensacións para poder adestrar con gusto.

 

Futbolinlugo: Moitas gracias Miguel, ata pronto.

Miguel: Gracias a vós. Un sáudo.

 

 

Juan Renda.

 

Futbolinlugo: Ola Juan. No teu caso, cantos anos levas no mundo do fútbol?

Juan Renda: A miña primeira campaña foi a 71/72 na OJE, así que xa hai case 46 anos, daquela eu xogaba (tiña 18 anos) e á vez adestraba. Era aínda época de branco e negro (risas).

 

Futbolinlugo: Adestraches ao teu fillo Dani cando el era un rapaz novo. Repetirías a experiencia?

Juan Renda: Si, adestrei a Dani na Comercial cando el era xuvenil e nas seleccións lucenses sub-15 e sub-16. Si repetiría, incluso este ano tiven a oportunidade de adestrar ao equipo de Alberto, o Polvorín, pero en parte os meus fillos son distintos, e o pequeno non se mostrou totalmente partidario da idea. Non obstante, á miña idade, adestrar xa non apetece tanto… Os anos pasan e xa levo máis de 4000 partidos, polo que tampouco estou tan motivado coma nos comezos.

 

Futbolinlugo: Como se vive desde fóra cando o teu fillo está a doerse no campo ou mesmo enfrontándose cun rival?

Juan Renda: Precuparíame máis o feito de que teña unha disputa. Se está no chan, o fútbol é un deporte de contacto, e evidentemente hai golpes. Por sorte nunca houbo gravedade de lesións na miña familia. O fútbol trae consigo doenzas, así que fundamentalmente preocuparíame ver ao meu fillo ter unha conduta antideportiva.

 

O fútbol axuda a manter unida esta bonita familia.

Futbolinlugo: Axuda o fútbol a manter unida á familia?

Juan Renda: Eu teño a sorte de que na miña familia son todos deportistas. Dani e Alberto xogan ao fútbol e Ana (a maior), xogou ao baloncesto no Ensino, e ese feito é bastante importante para min, xa que por enriba, adoitamos seguir aos rapaces alí onde se desprazan. O fútbol e o deporte é unha situación moi positiva, e tamén é un gran nexo de unión da familia.

 

Futbolinlugo: Moitas gracias por atendernos Juan.

Juan Renda: Moitas gracias a vós.

 

Desde Futbolinlugo queremos agradecer a súa atención a estes dous homes de fútbol, dos que nos gustan a todos! Tamén queremos felicitar o Día do Pai a todos eses proxenitores que, aínda que non son os protagonistas os domingos, teñeñ unha gran mérito «na sombra».

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *